GMH/ÍNDICE A-Z

741
1375, maio, 1. Santiago
Carta de poder outorgada por Xoán de Befeteria, tesoureiro de Cartaxena, a favor de Vasco López, xuíz.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 20v-21r, incluída en: 1375-V-5 sábado (CD n.º 742).

Sepam quantos esta carta virem que eu Iohan de Beffeteria, thesoreyro enna iglesia de Carthagena, procurador geeral da exsecuçon do testamento de don Guillen de boa memorida do [...] Santi Clementis, cardeal enna santa iglesia de Roma, dou abtoridade et comprido poder a Vaasco Lopes, iuys de Cornado, herdeyro que se chama dos bees, movilles et reyses, que foron de don Lopo Afonso, arçidiago que foy de Mayorga, os quaes bees eran et son obligados a a dita exsecuçon do dito sennor cardeal por çertas contias de floriis et moravedis de que o dito arçidiago era obligado a o dito sennor cardeal, que por min et en nome da dita exsecuçon posa obligar o paaço de Maçoo et todos los casares et herdades, poblados et non poblados, que o dito arçidiago tina en Maçoo et en toda a frigregia de San Pedro et de San Romao, a a iglesia et cabiidoo de Lugo, poer çen moravedis de renda perpetua, en cada anno, que a dita iglesia et cabiidoo aia de aver por los ditos paaçio et herdades para senpre porque façan cada anno hun aniversario por lo dito sennor cardeal asy commo el mandou en seu testamento. Et por esta presente carta outorgo et ey por firme et estabel todo obligaçon ou vendiçon que faça, ou aia de faser, o dito Vaasco Lopes a o dito cabiidoo por los ditos çen moravedis de renda, commo dito he. Et por que esto seia çerto et non vena en dulta esta carta mandey ende faser et seellar de meu seello en que escripvi meu nome.

Feyta en Santiago, o primeiro dia de mayo, era de mill et quatrosentos et trese annos.

Iohanes de Beffeteria, thesaurarius Cartaginensis.