GMH/ÍNDICE A-Z

1107
1456, xuño, 22 martes. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lopo Rodríguez e a cinco voces as herdades do casal de Xoán Ares na freguesía de San Lourenzo de Albeiros por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 15 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 15 v. Alveiros.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores damos aforo a vos Lopo Rodrigues, fillo de Diego, correeyro, vesino desta çiudade de Lugo, que sodes presente, et aforamosvos as herdades chamadas do casar de Johan Ares perteesçentes a os aniversarios da dita iglesia, que agora iasen en canpo et en monte, que iasen et son sitas en as frigresia et sub signo da iglesia de San Lourenço de Alveyros, por vosa vida et de outras çinquo persoas suçessive, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et asi de grado en grado ata que se acaben as ditas çinquo persoas, et non seendo nomeadas que seian personas do dito foro despoys de vos quen herdar vosos beens ou a mayor parte delles, et asi das outras personas, a tal pleito et condiçon que labredes as ditas erdades et as tiredes de monte et as tenades ben labradas et en boo paramento vos et as ditas personas despoys de vos; et dedes vos et as ditas personas dellas de foro en cada hun ano seis maravedis de longos, a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, por dia de San Martino de novembre postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos seia tiuda et obligada de viir mostrar seer foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, do dia que en el suçeder por foreyra ata trinta dias primeyros logo siguentes sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro, et a finamento da postremeyra persona do dito foro que as ditas herdades fiquen libres et desenbargadas a nos et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Rodrigues, que presente soo asi resçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos maneyras et condiçoes sobreditas et obligo a min et a meus beens et das ditas personas et de cada huna dellas de teer, conplir et pagar et atender todo o sobredito, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en hun thenor huna para vos, o dito Lopo Rodrigues, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores et por mayor firmesa mandamos seellar a carta de vos, o dito Lopo Rodrigues, con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia martes, viinte et dous dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seis anos.
Testigos que foron presentes: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a dita iglesia; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Diego Vasques, Juan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pero Martines, canonigos da dita iglesia de Lugo, capitulantes.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta de foro (sic)  por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.