GMH/ÍNDICE A-Z

1129
1459, abril, 26 xoves. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Xoán Ares e a unha voz o lugar de Vilarfero, os casais de Sereos e as herdades de Francelos por renda anual de 200 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 13 r.
   

Saban quantos esta carta viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que façemos noso proveyto et de nosos suçessores, avido primeyramente noso consello et madura deliberaçon aforamos et damos en foro et averbo a vos Juan Ares de Parrega, noso concanonigo, o lugar de Villar Fero et os casares de Sereos con todas suas herdades, casas et casares, arbores et prados et pascos, et as herdades de Françelos, que son da nosa amistraçon do mes de novembre, con todos seus dereytos et dereyturas a elles perteesçentes et perteesçer deventes, segun que elles a nos perteesçen et a a dita administraçon, por en toda vosa vida et de outra persona qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et con condiçon que a persona que por vos for nomeada que seia clerigo et morador en esta çiudade et que non seia cavaleyro, nen escudeyro, nen home poderoso. Et que o non possades dar, nen arrendar a ninhuna persona das personas que non podedes nomear por persona, et se o contrario fezerdes que por esse mesmo feyto pergades o dito foro. Et que dedes de foro en cada hun ano a nos, ou a noso çerto recabdo ou a o moordomo do dito cabildo, por los ditos lugares et herdades dusentos maravedis de moneda vella de longos por dia de San Martino de novembro, postos en pas et en salvo en esta dita ciudade, et que tenades vos et a dita vosa persona depois de vos as casas dos dos (sic) ditos lugares feytas et cubertas et ben reparadas, et as herdades dellas labradas et en boo paramento en tal maneyra que as casas non cayan por mingoa de reparo et as ditas herdades non se vaan a monte por mingoa de lavorio. Et a finamento da dita persoa que depois de bos suçeder en o dito foro que os ditos lugares et casas et herdades delles con todo ho a elles perteesçentes fiquen libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en elles foren feytos, et as casas delles levantadas et ben reparadas, et as herdades ben lavoriadas. O qual foro vos damos, segundo dito he, a Deus et a toda vosa ventura, et con condiçon que a dita persona que por vos for nomeada por persoa do dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias primeyros siguentes se vena mostrar foreyra a nos, o dito cabidoo, sub pena que se o asi non fezer que por esse mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Juan Ares, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, con as condiçoes et por los modo et maneyra susoditos, et obligo a min et a meus beens et da dita persona que depois de min suçeder en o dito foro de o conplir et gardar et pagar segundo susodito he.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto mandamos dello fazer duas cartas de foro ambas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Juan Ares, et vosa persona et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Juan Ares, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia joves, viinte et seis dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Diego Fernandes de Luazes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Meendez, canonigos da dita iglesia.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo ho suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por mina mao propia escrivi, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.

En este dia en este foro arriba escripto et mes et ano et lugar et presentes as sobreditas testemoyas et en presença de min, dito notario, o dito Juan Ares se obligou que vacando a dita administraçon do mes de novembre en seus dias de a tomar en a quantia de maravedis que agora estava non dando outro por ella mays.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.