GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1211
1472, febreiro, 14. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Álvaro López e á súa muller unha porción de terreo edificable na rúa que vai do Campo cara á Ferraría, e dúas cortes na Triparía por renda anual de vinte marabedís, e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 46 r.

Sepam quantos esta carta de pension et censo viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçesores, damos a çenso et a pension de cada hun ano et por nome de pension a vos Alvaro Lopes da Ferraria et a vosa muller, Costança Vasques de Prado, resçebentes por vos et por vosos herdeyros, para senpre por jur de herdade os tres cartos de huna plaça de casa, que son dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, en a qual soya morar Johan d’Amorin, porteyro que foy desta dita iglesia, et ias en a rua que vay do Canpo para a Ferraria, et ten de huna parte contra o Canpo huna casa que foy de Roy de Castro, vestilleyro, en a qual agora mora Diego Ares, seu jenrro, et da parte da Ferraria outra plaça de casa que he das fillas de Fernan Afonso do Campo; et con os ditos tres cartos de plaça vos damos mays duas cabalariças que estan juntas con a dita plaça en a Triparia, et estan da huna parte juntas con outra cabalariça que foy de Juan de Parrega, barbeyro, et topan en a dita plaça das fillas de Fernando Afonso do Campo. A qual dita plaça de casa con as ditas cabalariças vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus dereytos et jures et pertenenças, seydas et entradas et usos, que ha et deva aver de feyto et de dereyto, et segundo que todo perteesçe a os ditos aniversarios et a nos por rason deles, et ias todo sito et locado sub o signo da Capela de Santiago, et para que posades da dita plaça et cabalariças faser delo todo et en ela como de vosa cousa propia salvo que a non posades dar, nen bender, nen apenssionar a iglesia, nen a monesterio, nen a outro lugar religioso, salvo a a dita yglesia de Lugo, et se a quiserdes vender vos ou vosos suçesores, que suçederen en o dereyto de todo ello, que requirades et requiran primeyro a o dito cabildo et que lle seia dado todo por tanto quanto por ela con verdade deren. Et os quaes ditos tres cartos de casa et duas cabalariças vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que d’oje este dia fasta seys anos primeyros seguentes façades en ella casa de sobrados et balcoes de anbas las partes, segundo en ela soyan estar, et ha tenades asi feyta, et as cabalariças cubertas et reparadas; et dedes de todo de foro et çenso por cada dia de San Martino de nobenbre veynte maravedis de moeda vella de longos, et que os dedes et paguedes en a moeda que se pagaren os aniversarios da dita iglesia a o rendeyro et cojedor dos ditos aniversarios, et çesando de pagarse dita pension et çenso por tres anos vos ou os ditos vosos suçesores, que suçederen en o dereyto da dita casa, que por ese meesmo feyto pergades et pergan todo ho dereyto que en ela et a ela abedes et ouberen, et asi meesmo a as das cabalariças, et se torne a nos, o dito cabildo, et a nosos suçesores; et que seia senpre pensionario da dita pension da dita casa et cabalariças huna persona sola et non mays, et que non posa seer devidida en mays partes antes que senpre quede en huna persona sola como dito he.

Et eu, o dito Alvaro Lopes, que presente soo por mi et por la dita mina muller et herdeyros et subçesores asi resçebo os ditos tres cartos da dita casa con as ditas duas cabalariças de vos, o dito cabildo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a mi et a meus bees, mobeles et rayses, presentes et futuros, et dos ditos meus herdeyros et subçesores, que suçederen en o dereyto da dita casa, de teer et conplir et herdar et pagar et conplir todo ho arriba contiudo et de seer senpre en prol et honrra do dito cabildo et benefiçiados del et non seer contra eles en ningun tempo. Et nos, o dito cabildo, asi vos la damos et outorgamos. Et porque todo esto seia çerto nos las ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrautos firmes et fortes, anvos en un thenor, por lo notario a juso escripto un para vos, o dito Alvaro Lopes, et vosa muller et vosos suçesores et herdeyros, que suçederen en o dereyto da dita casa et cabalariças, et outro para nos, o dito cabildo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa nos, o dito cabildo, mandamos seelar con noso selo pendente o contrauto de vos, o dito Alvaro Lopes.

Que foy feyto et octorgado en a dita çiudade de Lugo en a dita yglesia et lugar, a quatorse dias do mes de febreiro, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et octorgaron o dito contrauto de pension: Juan Afonso, chantre; et Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Juan Ares de Parga; et Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, canonigos; et Juan Afonso de Castro Afonsyn, et Rodrigo Ares de Baticalas, et Pedro Afonso de Maçaaos, et Roy Lopes de Teyxeyro, et Juan de Meylan, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de çenso et penson, segundo ante mi pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fiz escripvir et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade, rogado et requerido.