1334, abril, 21. Lugo
Pedro Outeiro véndelles a García Fernández e á súa muller unha leira en Santa María de Alta por 60 soldos.
Sabeam
quantos esta carta virem, commo eu Pedro Outeyro de Santa Maria Alta,
de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, Garçia
Ferrnandes et a vosa muler Aldara Eanes, huna leyra d’erdade
que he en Santa Maria Alta, a os Forcoes da Riba, a qual leyra ias de
huna parte cabo huna leyra que foy de Fernan Aras, et da outra testa
fere na carreyra da iglesia, et da outra testa na leyra que foy de
Fernan Aras, sub signo de Santa Maria Alta. Et reçebo de vos
en preço por esta vençon sesaenta soldos d’esta
moneda del rey don Affonso de que me outorgo por entrego et ben
pagado, et obligo min et todos meus bees de vos faser esta vençon
de pas, et desoie mays este dia todo meu poderio et senorio ende seia
sacado et removudo de min et posto en vos.
Feyta a
carta da vençon en Lugo XXI dia d’abril, era de mill et
CCC LXX et dous annos.
Testemoyas:
Affonso Eanes de sam Viçenço dos Muros; Iohan Affonso
de Teyxeyro; Aras Gonçalves ts.
Et
eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he
pressente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal en
testemoyo de verdade.(+).