GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

86

febreiro, 2

O mesmo afora a perpetuidade a Afonso Fernández unha leira de viña no mesmo lugar, por quinta de viño e composta. (fols. 27v-28)

Afonso Fernandes labrador.
Feita e dada, notada no libro manual.

En este dito día e ora e por estas testemunyas o dito señor abade aforou mays para senpre Afonso Fernandes presente et a todas suas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leira de viña que jaz en termino das Lageas et parte con outra viña que foy de Pero Çide et da outra parte topa en fondo enno rio et da outra ilarga con o camiño que vay d’Ourense para San Çibraao, segundo que a tragedes a jur et a maao, aforo vosla (fol. 27v)
con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labredes et paredes ben e façades dela foro de quinta a min e aos reytores que despois de min foren da dita igleia, a qual novidade colleredes por ollo de meu mayordomo etç. e daredes a conposta na viña e o viño no lagar etç. e do al de disemo a deus, et se quiserdes vender etç. e non faredes manda nen oniversario etç. et obrigo os beens da dita igleia etç. et eu o dito Afonso Fernandes obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. os sobre ditos.