GMH/ÍNDICE A-Z

1157
1464, abril, 6. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Fernández, á súa muller e a dúas voces unha casa en Lugo, freguesía de Santiago, por renda anual de catro marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 26 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerqua da porta por donde soben a os orgoos dela, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos et damos en foro a vos Pedro Fernandes da Rua et a vosa muller, Moor Rodrigues, et a duas personas depoys de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamiento, et outra qual nomear aquella persona que por o postremeyro de vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona do dito foro aquella persona que erdar os beens do postremeyro de vos et asi da outra persona que por el for nomeada, huna casa pequena, que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, a qual esta açerqua das casas de don Afonso de Castro, et esta junta con outras casas en que morou Roi Gonçalves, bachiller, a qual dita casa he sita et locada en esta ciudade de Lugo sub o signo da Capela de Santiago da dita ciudade, a qual vos aforamos, segundo dito he, con todas suas entradas et saydas et agoas vertes et jures et pertenenças a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas depoys de vos tenades a dita casa feyta et cuberta et en boo paramento; et dedes de foro por ela en cada un ano a nos, ou a noso rendeyro ou colledor dos ditos aniversarios, quatro maravedis de moeda vella de longos por dia de San Martino de novembre en a moeda que se pagaren os outros aniversarios da dita iglesia, et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta, portada et cuberta et ben reparada a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos, et con condiçon que cada huna das ditas personas, que despoys de vos o dito Pedro Ferrnandes et vosa muller, suçeder en o dito foro do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias logos segentes se vena mostrar en cabidoo por foreyra do dito foro, su pena que se o asi non fezer por ese meesmo feyto perga o dito foro.
Et eu, o dito Pedro Ferrnandes, que presente soo por min et por la dita mina muller et personas asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoes susoditas en esta carta de foro. Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo fazer duas cartas de foro anbas en un tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Pedro Ferrnandes, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmeza mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Pedro Ferrnandes.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, seys dias do mes de abril, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Eemill, arçediano de Triacastela; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, tesoreyro; Rodrigo Afonso, Juan Vidal, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares, Rodrigo Afonso, et Pedro Martines, canonigo da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro per outro fige escrivir et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Non enpeesca onde vay escripto sobre raydo que dis en esta ciudade de Lugo sub o signo da Capella de Santiago da dita ciudade a qual vos aforamos, que non foy viçio mays foy error do escrivan et eu, dito notario, ho aprovo.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.