GMH/ÍNDICE A-Z

1243
1477, febreiro, 14. Lugo
O Cabido de Lugo exonera a Lopo Afonso e á súa muller do pago anual dunha galiña e ovos recibindo a cambio un leiro nas cortiñas de Pena.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 1 v.

Sepan quantos esta carta de quita et escanbia viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, sendo juntados en noso cabildo por son de canpana, segun avemos de uso et de custume, dentro en a Capela de San Vertolameu da dita iglesia, avendo primeyramente consello et madura deliberaçon, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçesores, de consintimento de Diego Fernandes de Luases, mestrescola da dita iglesia et amynistrador da nos amistraçon do mes de mayo que he en o cotuo de Albeyros, fasemos tal escanbea que seia valedeyra para senpre jamays convosco Lopo Afonso, pedreyro, morador en a freygisia de Santiago de Meylan, et con vosa muller, Eynes Peres. Conben a saber que vos quitamos et damos, segun dito he, en escanbia huna gallina et ovos que nos devedes en cada hun ano por rason de vossa herdade que teedes et vos perteeçe por vos et por la dita vosa muller en o dito couto d’Albeyros, su o syno de San Lourenço, a qual galina et ovos nos perteeçen por rason da nosa dita aministraçon, que vos seian quitos a vos et a vosos herdeyros para senpre, por la qual dita quita et escanbia vos, o dito Lopo Afonso, et vosa vosa (sic) muller nos dades por jur de herdade para senpre jamays et para nosos suçesores hun leyro, que ias en as cortinas chamadas de Pena, que feren de testa en a beyga de Gravalla et da outra parte fere en un leyro de Baladares, que he de Ruy Lopes do Canpo, et da outra parte fere en un leyro que se chama de Juan d’Amorin, et da outra parte en un leyro que se chama do Aboengo, que he de Gomes de Milleyros. Et prometedes de nos lo faser a pas et ha salvo a todo tempo sub obligaçon de vosos bees, mobeles et rayses, et de vosos suçesores que para elo obrigades. Et nos, os ditos beneffiçiados, asi o reçebemos de vos, o dito Lopo Afonso, et de vosa muller, Eynes Peres, o dito leyro et vos quitamos a dita gallina et ovos.

Et eu, o dito Lopo Afonso, et mina muller asy vos lo damos et outorgamos, como dito he, et reçebemos de vos la dita quita en escambia del. En testemoyo do qual mandamos a o notario a juso escripto que faga delo duas cartas fortes et firmes, huna que quede para nos et outra para vos sinadas de seu sino et a vosa sellada con o sello do cabyldo.

Que foron outorgadas en o dito lugar et capitulo, a quatorse dias do mes de febreyro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et catroçentos et setenta et sete anos.

Que foron presentes a outorgar: Juan Afonso, chantre; et Alvaro Dias, arçidiano de Sarea; et Gomes Garçia de Gayoso, arçediano de Deçon, et Diego Ferrnandes de Luases, mestreescola; et Diego Vasques, et Juan Arias de Parega, Pedro de Mera, et Afonso Martis de Galdo, et el vachiller Gonçalvo de Montenegro, Gomes Ferrnandes, Juan d’Outeyro, et ho vachiller Pedro Ferrnandes das Camoyras, et Andres Gonçalves, capitolantes. Testigos que foron presentes: Ruy Peres, Fernando Peres, raçoeyros; et Ruy Lopes Teyxeyro, rendeyro dos aniversarios.

Et eu Diego Ferrnandes de Luases, canonigo en a iglesia de Lugo et notario publico por la acturidade apostolical, a todo o sobredito en hun con os sobreditos testigos presente foy, este publico instromento d’escambea por outro fielmente fige scripbir et aqui puge meus nome et signo acostumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido. Et non enpesca onde dis entre rengos de vos.

Didacus Fernandi, notarius apostolicus.

Materias

selo; administración; administrador; alimentos; aniversario; arcediago; aves; avinza; bacharel; beneficiado; campá; canon foral; capela; carta de quita; catedral; chantre; cóengo; coro; cortiña; couto; crego; dignidades; doazón; esposa; esposo; familia; galiña; gando; leira; linde; mesa capitular; mestrescola; muller; notario apostólico; ovo; pagamento; pedreiro; permuta; racioneiro; rendeiro; xurisdición; cabido

Persoas

Afonso Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Álvaro Díaz de Lama, arcediago de Sarria; André González, cóengo de Lugo; Diego Fernández de Luaces, cóengo de Lugo; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, racioneiro de Lugo; Gómez de Milleirós; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Gonzalo de Montenegro, cóengo de Lugo; Inés Pérez; Lopo Afonso, pedreiro; Pedro Fernández das Camoiras, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Roi López de Teixeiro, crego do coro de Lugo; Roi López do Campo; Roi Pérez, racioneiro de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán de Amorín; Xoán de Outeiro, cóengo de Lugo; Diego Fernández de Luaces, mestrescola de Lugo

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Aboengo, leiro do; Albeiros; Albeiros, San Lourenzo; Amorin; Camoiras, As; Dozón; Gaioso; Galdo, Santa María; Gravalla, beyga; Luaces; Meilán, Santiago; Mera; Milleirós; Montenegro, antiga xurisdición; Outeiro; Parga, antiga xurisdición; Pena, cortinas; Teixeiro, Santa María