GMH/ÍNDICE A-Z

333
1336, xaneiro, 30
Xoán Domínguez e a súa muller renuncian aos novos da viña de Rubiás en favor do racioneiro Afonso Eanes.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/3, perg. orix., galego, gótica cursiva, 192x270 mm, traslado polo notario Xoán López: 1372-X-9.

Era de mill et tresentos et seteenta et quatro annos, triinta dias de ianeiro. Commo eu Iohan Domingues, çapateiro, et minna muller, Mayor Domingues, non constrengudos nen por outro engano enduzidos mays de nosso prazer et de nossa boas proprias voontades, fazemos tal pleito et tal pustura con vosco Affonso Yanes, raçoeyro de Lugo, a qual outorgamos que valla para senpre sobre razon dos novos que nos vos demandavades da vinna de Ruviaes, que perteesçe a o casal [...] do Loyo que vos teedes, et do dereito se o nos en ela avemos que o renunçiamos [...] en vos, o dito Affonso Eanes, que nunca nin en nihun tempo [....] dos novos que dela ouvermos ata aqui ouveremos de vos [...]mia de Portomarin que ven, çinquo quarta de vinno pe-lo cantaro dereyto de Portomarin et nove quartilloes cada cantaro. Et contra esto renunçiamos que nunca por nos nen por outren contra esto vennamos, nen digamos ende o contrario en ninhuna maneira en iuyzo nen fora del, nos nen outren que venna en nossa vos. Et querendoo tentar en alguna maneira que peytemos a vos por pena çen moravedis da moeda del rey don Affonso, et a carta fique firme et en seu revor. Et que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Tomes Eanes, notario publico de Portomarin, que vos desse ende esta carta et posesse en ela seu nome et seu signal.

Testemoyas: Pedro Rorigues, iuys; Estevoo Rodrigues, clerigo de San Pedro de Portomarin; frey Fernando, balio da obra; Lourenço Peres, moordomo; Afonso Martines, clerigo de San Christovoo.

Et eu Tome Eanes, notario sobredito, a todo esto presente fuy et esta carta en minna fis escrivir (sic), et puge en ela meu nome et meu sinal que tal he. (+). Et eu Iohan Lopes, notario publico de Lugo, por lo sennor obispo desse lugar vi et lii esta carta feyta enno tenor sobredito escripta en pulgameo de coyro, et subscripta et signada por Tome Eanes, notario publico de Portomarin, segundo por ella pareçia, a qual non era rassa nen chançelada, nen viçiada, nen sopuntuada, nen sospeyta en alguna parte dessy. Et a pidimento de Lopo Affonso do Campo que disso que lle compria a dita carta et que se temia de a perder por fogo ou por agoa et por que envelleçia et que a non poderia aver quando-lle comprisse, et por mandado et autoridade de Lourenço Eanes de Lamas, iuys geeral enno temporal por lo onrrado sennor dom frey Pedro Lopes, por la gracia de Deus obispo de Lugo, que vio et examinou ben et diligentemente ante sy a dita carta et deu sua autoridade a este traslado que eu d’ella saquei que valuesse et fesesse fe ennos lugares hu paresçesse assy commo o prinçipal oreginal, a dita carta de vervo a vervo aqui en minna presença fige trasladar non tollendo nen mingoando dela alguna coussa por que a sustançia da verdade della podesse seer mudada. Et en este traslado puge meu nome et meu signal que tal he en testimonio de verdade. Feyto foy este traslado en Lugo, nove dias d’outubre, era de mill et quatroçentos et des annos.

Testemoyas que foron presentes et que viron a dita carta onde este traslado foy sacado et que oyron dar a dita autoridade a o dito vigario: Fernan Aras do Portal et Martin Martines da Ferraria; Iohan Ferrnandes dito do Burgo, alffayate, moradores en Lugo; Pedro Rorigues, escripvan ts., et outros. (+).