GMH/ÍNDICE A-Z

413
1380, xullo, 3
sentenza

Sentenza arbitral na contenda entre o cabido e García Rodríguez sobre o foro dunha casa na rúa do Pumar, que se foi damnificada “en estas guerras e destruymento e roubos que se feseron en esta vila quando foy entrada per força”.

ACOu, Escrituras XIII, 21

(ed. A. López Carreira, “Tres documentos sobre a crise do século XIV en Ourense”, Boletín Auriense 18-19 [1988-89], 177-178)

Sabean quantos esta carta de sentença viren que en presença de min Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense por la igleia dese lugar et das testemuyas adeante escriptas, sobre contenda que era e entendia a seer ontre o cabidoo da dita igleia d’Ourense por si da huna parte et Garçia Rodrigez, fillo e heree de Garçia Rodrigues mercador que foi d’Ourense, por si da outra sobre rason do foro de hunas casas que estan en Ourense na rua do Pumar aalem do rigeiro, que o dito cabidoo desia que o dito Garçia Rodrigues mercador tiiña aforadas do dito cabidoo por viinte libras de diñeiros brancos en cada hun anno, et demandavan ao dito Garçia Rodrigues asi commo heree do dito Garçia Rodrigues seu padre que lle desse e pagasse as ditas viinte libras do dito foro das ditas casas daqui endeante en cada hun anno, sigundo que o dito seu padre se obligara de as pagar. Et o dito Garçia Rodrigues heree sobre dito desia que non era tiudo de dar nen pagar o dito foro das ditas casas, por quanto dezia que as ditas casas que se perderam e danaran e danpnificaran en estas guerras e destruymento e roubos que se feseron en esta vila quando foi entrada per força, et que as ditas casas et outras moytas da dita vila que foron derribadas e derrocadas e astragadas. Et contendendo as ditas partes sobre esta rasom, por quanto na dita carta do dito aforamento desian que se contiiña huna clausula que dezia que se pleito ou contenda recleçese sobre rason do dito aforamento das ditas casas entre o dito cabidoo e o dito Garçia Rodrigues mercador ou sua voz, que se partisse e determinasse ontre eles per dous omes boons do dito cabidoo tomados e escolleitos a plaser das partes, toda outra apellaçon remota. O dito cabidoo seendo juntado por canpaan tanjuda na costra nova da dita igleia sigundo que o an de huso e de costume, et o dito Garçia Rodrigues heree sobre dito de seu plaser e de suas propias voontades tomaron e escolleron para partir e determinar a dita contenda ontre eles a Martin Peres dito de Montes et a Gonçalvo Peres de Mira coengos da dita igleia que presentes sian, aos quaes rogaron que tomasen o dito feito en si e o livrasen ontre eles per sentença. Et os ditos Martin Peres e Gonçalvo Perez disseron que a rogo do dito cabidoo e do dito Garçia Rodrigues que reçebian o dito poder en sy et que averian seu consello e que livrarian a dita contenda ontre o dito cabidoo e o dito Garçia Rodrigues sigundo que achasen por dereito. Et depois desto en este dia, presentes en juiso ante os ditos Martin Perez e Gonçalvo Perez coengos omes boons sobre ditos, Pero Anrrique coengo e procurador do dito cabidoo en nomme del da huna parte et o dito Garçia Rodrigues por si da outra. Et pediron aos ditos omes boons que livrasen per sentença a dita contenda ontre eles. Et logo os ditos Martin Peres e Gonçalvo Perez juizes sobre ditos disseron que viram a dita carta do dito aforamento por que o dito Garçia Rodrigues mercador tiiña aforadas as ditas casas para senpre por viinte libras de diñeiros brancos en cada hun anno e as avia de pagar aos terços do anno. Et disseron outrosi que acharan que as ditas casas que se danpnificaran a culpa do dito Garçia Rodrigues mercador et de sua voz et non per culpa do dito cabidoo. Por esta rasom disseron que avudo seu consello e acordo consigo meesmos e con outros omes boons sabedores deste feito, que mandavan per sentença que o dito Garçia Rodrigues, fillo e heree do dito Garçia Rodrigues, e sua voz que ouvesse e tomase et reçebese para si as ditas casas et a pedra e tella e madeira e soares delas, et que o dito cabidoo que ouvese daqui endeante de cada anno as ditas viinte libras aos terminos contiudos enna dita carta em esta maneira, conven a saber as quinse libras porla viña que ten Pero de Ferreiros morador en Ourense na rua dos Çapateiros, que foi do dito Garçia Rodrigues, que jaz a sobrelo Medoo, et as çinqo libras pelas casas que estan en Ourense na dita rua dos Çapateiros en que mora Gonçalvo Oureiro. Et seendo en lugar de julgar disseron que asi o mandavan per sentença per consentimento das ditas partes, et mandaron que se cunplisse e agardase esta dita sentença sub a pena contiuda na dita carta do dito aforamento. Dada foi esta sentença en Ourense ao portal da dita igleia, tres dias de julio, era de mill e quatroçentos e dez e oyto annos. Testemunyas que presentes foron Gonçalvo Anes thesoureiro e Garçia Diaz coengo d’Ourense e Gonçalvo Eanes mercador et Afonso Rodrigues alfayate moradores en Ourense e outros.

Eu Afonso Perez notario publico da çidade d’Ourense por la igleia dese lugar, dado porlo onrrado padre e señor don Pascoal porla graça de deus e da santa egleia de Roma obispo d’Ourense para as notas e escripturas que foron e passaron por Gonçalvo Peres Seixalvo notario que foi d’Ourense en publica forma tornar, esta nota desta dita carta de sentença saquei de huna nota que achey entre las outras escripturas do dito Gonçalvo Seixalvo, escripta por sua maao, a qual nota era ja cançelada, et a qual aqui ben e verdadeiramente de vervo a vervo con miña mao escripvi a pedimento dos omes boons do dito cabidoo, et por mandado e outoridade que para esto deu don Fernan Peres abade da igleia da Triindade e vigario geeeral do dito señor obispo, et aqui meu nomme e meu signal fiz en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Cartas do cabidoo.