GMH/ÍNDICE A-Z

965
1419, xaneiro, 21 sábado. Lugo
Mestre Xoán e a súa muller compran por encargo do Cabido un casal en Barbaín, e recíbeno en foro por 40 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 134 v.- 135 r., Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 134.

       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et nove anos, sabado, viinte et hun dias do mes de janeyro. En a çiudade de Lugo dentro en o coro da iglesia cathedral de Santa Maria da dita çiudade seendo y o chantre et outras persoas et coengos et benefiçiados da dita iglesia en seu cabidoo por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, paresçeron y enton Mestre Juan, barbeyro et porteyro do dito cabidoo, et Tereyia Ferrnandes, sua muller, et diseron que por rason que o dito cabidoo lles dera dous mill maravedis para compraren hun casal de herdade que he en Barbayn, sub signos de Santa Maria de Bobeda et de San Fiis de Muja, et este casal non avia herdades mays de des et oyto teegas d’erdades a huna mao et quatorse teegas a outra, et non era enteyramente conprido nen avastado de herdades para hun lavrador, que eles se obligavan et obligaron de conprar por seus dineyros propios mays herdades en a dita aldea et lugar de Barbayn porque o dito casal fose des et oyto teegas semente de herdade a cada mao; et obligaronse a sy et a seus bees de as dar compradas et juntas a as outras herdades do dito lugar d’oie a çinquo anos primeyros conpridos, et logo en esta ora demetiron o dito casal et lugar et casas et herdades del a o dito cabidoo et persoas del para que o aforasen et fezesen del toda sua voontade como quisesen et por ben tevese. Et logo en esta ora o dito dean et persoas et benefiçiados do dito cabidoo diseron que reçebian et reçeberon a dita demytiçon do dito casal et herdades del que o dito Mestre Juan et sua muller fasian do dito lugar et casal, para sy et para seus suçesores, et por faseren amor et graça a o dito Mestre Juan et sua muller aforaronlles logo o dito casal de Barbayn, segundo que o eles avian conprado, et con as outras mays herdades que lle eles avian de juntar et conprar por sua vida de anbos, o qual lle aforaron con todas suas herdades et casas et arvores et montes et prados et entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaan sub os ditos signos, a a tal pleito et condiçon que o dito Mestre Juan et sua muller lavrasen et fesesen lavrar et parar ben as herdades do dito lugar et tevesen as casas del feytas et cubertas et en boo paramento, et que lles desen de foro et penson de cada ano quareenta maravedis da moneda corrente para sempre eles diseren de cada ano huna proçison et hun anyversario por la alma de Diego Lopes, arçidiago de Deça que foy en a dita iglesia de Lugo, por quanto o dito Diego Lopes mandara os ditos dous mill maravedis que eles deran a o dito Mestre Juan para comprar o dito casal porque se disesen a dita proçison et aniversario.

Et os ditos Mestre Juan et Tereyia Ferrnandes, sua muller, asy reçeberon o dito foro do dito casal et herdades que lles fasia o dito cabidoo, et obligaron a sy et a seus bees de o comprir et pagar et atender en todo segundo se en esta carta contina, de compraren por seus dineiros propios tanta herdade porque o dito casal fose dez et oyto teegas d’erdade a cada mao, et de as daren juntas con as outras herdades do dito lugar ata çinquo anos. Et eso meesmo de pagaren a o dito cabidoo os ditos quareenta maravedis de foro de cada ano por lo dito dia de (espacio en branco), et a finamento do pustrumeyro deles de leyxar o dito cassal et lugar et as herdades del lavradas et ben reparadas et as casas feytas et cubertas et en boo paramento a o dito cabidoo con todos los outros boos paramentos que en eles fosen feytos; et eso meesmo obligaron a sy et a todos seus bees que o pustrumeyro deles a o tempo de seu finamento leyxase de provança en o dito lugar et casal dous boys et duas bacas et des rexelos et ovellas et huna porca para o dito cabidoo. Et o dito cabidoo asy lles outorgou o dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas. Et desto en como pasou mandaron a myn notario iuso escripto que fesese de todo esto dous publicos instromentos et os signase de meu signal hun para o dito Mestre Juan et sua muller, et ho outro que o lançase en o libro do dito cabidoo, anbos feytos en hun tenor.

Que foy feyto et outorgado todo esto ena çiudade de Lugo era et dias et mes sobreditos.

Testemoyas que estavan presentes et outorgaron esto que dito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias /, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Fernan Peres, coengos; Juan Dias, coengo, vigario de don Juan Martines, dean de Lugo; Pedro Ferrnandes, Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, Roy Ferrnandes, raçoeyros; Afonso Palin, Diego Afonso, Fernan das Cortinas, Lopo Rodrigues, Fernan Yanes, sancristan; et Gomes Alvares, coengos d’aniversario, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.