GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

448
1389, febreiro, 15
foro

O cabido afóralle a seis voces a Diego Fernández, cóengo, dúas leiras de viñas en Cudeiro por dous puzais de viño e dous capóns ao tenente da renda do Linar de Antonio en vida e despois os dous puzais de viño.

ACOu, Escrituras XX, 91

Sabbean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense et don Ares Fernandes mestrescola da dita igleia et vigario de don Pero Gonçalves de Herosa dean da dita igleia d’Ourense nos contrautos do cabidoo seendo juntados en nosso cabidoo por canpaan tanjuda segundo que avemos de uso et de custume de nos ajuntar a faser cabidoo, damos e outorgamos, afforamos a vos Diego Fernandes coengo da dita igleia d’Ourense en vossa vida et de seys voses apus vosa morte quaes vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento et se as non nomeardes que o seian aquelles que os outros vosos beens herdaren de dereito et assy vaan as ditas vozes huna pus outra, duas leyras de viñas que nos avemos que jasen en termio de Codeyro hu chaman a Pereyra, das quaes a huna dellas demarca con a viña da Cruz do Bispo que agora lavra Johan Martines da Riba et da outra demarca con a viña de Gomes Codeyro que foy de Johan Domingues de Soutelo seu padre et en çima fere enno camiño que vay para Soutelo et en fondo entesta enno camiño publico que vay para Codeyro, et a outra leyra demarca de huna parte con huna viña da igleia de Codeyro que agora lavra o dito Gomes Codeyro et da outra parte fere en outra viña de dezimo a deus que ten o dito Gomes Codeyro et do outro cabo entesta con o camiño publico que vay para o dito lugar de Soutelo. As quaes leyras de viñas perteençen aa renda de Linar d’Antonio que agora ten Gonçalvo Anes o coengo. Damos vos a foro as ditas duas leyras de viñas segundo de suso \son/ demarcadas con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteensças per tal condiçon que as lavredes e paredes ben en tal maneira commo non desffalescan por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes ende ao dito Gonçalvo Anes en sua vida dous puçaes de viño de lagar claro feito enna tinalla et dous capoens en cada hun anno, et aa sua morte del que nos dedes a nos o dito cabidoo ou ao que for teendor da dita renda cada anno en salvo os ditos dous puçaes de viño de lagar enna vendimia medidos por quarta dereyta de seis açu[n]bres, et do al que as ajades livres e quites de todo outro enbargo. Et outrossy he posto que se vos ou as ditas vosas voses que as ditas viñas herdaren as quiserdes vender, deytar ou supinorar primeyramente frontedes con ello a nos o dito cabidoo ou ao que for teendor da dita renda et nos las dedes por lo justo preço que vos outro por ellas der et non nas querendo nos por ese preço resçeber estonçe as vendede, deytade ou supenorade aa tal pessoa que seia tiudo de conprir e agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Aynda he posto que se sobre esto recleçer contenda entre nos o dito cabidoo et vos o dito Diego Fernandes e vosas voses que se termii por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes toda outra apelaçon remota. Et outrossy he posto que non posades faser manda nen oniversario porlas ditas viñas a outras igleias nen moesteiros nen outro lugar santo salvo a nos o dito cabidoo. Et nos o dito cabidoo obrigamos os beens da nossa mesa para vos anparar et deffender a dereito enno dito tenpo con esto que vos afforamos segundo sobre dito he. Et eu o dito Diego Fernandes que soon presente por min et por las ditas miñas voses assy o outorgo e reçebo en min as ditas viñas afforadas porla maneira e condiçoens que ditas son, et obrigo todos meus beens ecl[es]iasticos e sag[r]ares gaañados e por gaañar para as lavrar e parar ben e pagar cada anno os ditos dous puçaes de viño e conprir et agardar todas las cousas e condiçoens que ditas son. Et he posto penna entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar que peyte aa outra parte que o conprir e agoardar quiser çen mor. da boa moeda, et a dita penna pagada ou non esta carta e todo o que en ela he contiudo fique firme e valla enno dito tenpo. Et desto as ditas partes mandaron e rogaron a min Affonso Peres chantre et chançeller da dita igleia et çidade d’Ourense que fesese ende duas carta en hun tenor e desse cada huna das ditas partes a sua. Feyta a carta enno dito cabidoo, quinse dias do mes de fevereiro do anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e trezentos e oyteenta e nove annos. Tests. Pero Fernandes et Estevoon Peres e Estevoon Lamela raçoeyros e Pero Affonso porteiro do dito cabidoo e outros.

Et eu Afonso Peres chantre e chançeller da dita egleia ao que dito he con as ditas tests. presente fuy e ende esta carta publica, ocupado de outros negoçios, para o dito Diego Fernandes por outro fige escrivir e signeya de meu signo rogado e requerido en test. de verdat.

(sinal)