GMH/ÍNDICE A-Z

1225
1472, novembro, 27. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Catalina Vázquez e a dúas voces o lugar e casal da Fonte en Barbeira, freguesía de San Fiz de Muxa, por renda anual dunha tercia de pan e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1336 nº 14, perg. orix., galego, cortesá, 310 x 250 mm.; Cód. 419 B. f. 52 v.

Sepan quantos esta carta de foro virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo en a Capela de San Vertolameu, que he dentro en a dita iglesia, chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, aforamos et damos aforo et avervo a vos Catalina Vasques, muller que fostes de Gonçalvo Peres de Luases, regidor que foy da ciudade de Lugo, et a outras duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra persona que seia qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada persona que seia persona quen herdar vosos bees de dereyto et asy da segunda persona. Conben a saber que vos aforamos o noso lugar et casal de herdade chamado da Fonte que ias en Barbayn, sub o signo de San Fiis de Muja, o qual casal vos aforamos et a vosas personas con todas suas casas et casares, herdades brabas et mansas, et con todos los montes et rios et prados et pastos et terminos et jurdiçoes et con todas suas pertenenças et dereyturas que ha et lle perteesçen ou perteesçer deben de feyto ou de dereyto, segundo que o tobo en foro o bachiller, Ruy Gonçalves, et despoys o dean de Santiago, que Deus aia, seu fillo. O qual foro vos fasemos por vertude de huna demision et renunçiaçion que do dito lugar et casal feso noso senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, asy como herdeyro que ficou do dito dean de Santiago, o qual vos aforamos a tal pleito et condiçon que d’oje fasta quatro anos primeyros seguentes corregades et aderençedes as casas do dito lugar et las reparedes por maneyra que seian ben reparadas, et as tenades feytas et cubertas et ben reparadas et as herdades labradas vos et vosas personas; et dedes de renda et foro, en cada un ano, a o rendeyro que agora he et a o que for dos aniversarios desta dita iglesia de Lugo, huna terça de pan en cada un ano medida por medida dereyta desta çibdade et posta et paga en o dito lugar en todo o mes de agosto de cada ano, et mays que se alguna persona mostrar dereyto que [...] o dito lugar fasta un ano primeyro seguente que lle seia guardado; et cada persona que despoys de vos subçeder en este dito foro que seia tiuda et obligada de se viinir mostrar et presentar ante o dito cabildo como he persona do dia que en el subçeder por persona fasta treynta dias primeyros seguentes, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perda o dito foro et se torne a nos et a os ditos aniversarios, cuio he.

Et eu, a dita Catalina Vaasques, que soo presente por min et por las ditas personas asy resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro et obligo a mi et a todos meus bees, mobles et rayses, avidos et por aver, et das ditas minas personas de o teer et guardar et conplir et pagar todo asy segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas, anbas en un tenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, a dita Catalina Vasques, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et nosos subçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, a dita Catalina Vasques, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia et lugar sobreditos, dia esta feyra, veynte et sete dias do mes de nobenbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Johan Afonso, chantre; et Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Diego Ferrnandes, mestrescola; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Diego Vasques, Pedro Martines, Pedro de Mera, Afonso de Galdo, et Gomes Ferrnandes, canonigos et capitulantes; et Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos ditos aniversarios, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, por seu pedimento et rogo con mina mao escripvi, et en meu registro et protocolo ha sentey, et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.