GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

790
1379, febreiro, 18. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gómez Arias e á súa muller e a unha voz herdades en San Cosmede de Chamoso e a herdade de Abuín, nas freguesías de San Cosmede, San Pedro de Arxemil e San Cristovo de Chamoso, por renda anual de 14 tegas de centeo e a obriga de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 83r.

Era de mill et CCCC XVIIe annos, XVIIIº dias de fevreyro.

O dayam et cabidoo da iglesia de Lugo aforamos a Gomes Aras de San Fiiz de Paradela et a Moor Aras, sua muller, et a huna persoa depus eles, qual nomease o pustrimeyro deles, todos los herdamentos et [...] de San Cosmede, que he en terra de Chamoso, que donna Sancha, priora [de Santa Maria a Nova, escambeou] con o dito cabidoo, os quaes herdamentos foron de Fernando Martines, notario que foy de Lugo, et con a herdade de Avuyn que son dos aniversarios, sub signo de San Cosmede et de San Pedro de Argemir, et de San Christovoo de Chamoso, et sub outros signos quaesquer. Et o dito Gomes Aras et sua muller et a dita pessoa han de dar cada anno quatorse teegas de çenteo en paz et en salvo en Lugo por dia de San Martino a os ditos aniversarios. Et o dito Gomes Aras han de faser en hun dos formaes das ditas herdades, que esta por fazer, huna casa, et se y formar feyto non achar que faça a dita casa enna dita herdade ut vyan que mays compre. Et o dito dayan et cabidoo asy outorgou o dito foro a o dito Gomes Aras para sy et para la dita sua muller et por la dita perssoa, asy o reçebeu o dito foro et con las condiçoes sobreditas, et obligou por todos seus bees et deles de o comprir [et guardar] et de faser a dita casa et de leixar os ditos herdamentos a a morte del [...] et pustrimeyra persona con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Testemoyas: [...], arçidiago de Neyra; arçidiago de Deça; arçidiago de Deçon; Aras Gomes, juys, et outros.

Fernando Peres.