GMH/ÍNDICE A-Z

412
1380, maio, 18

foro e cartas de pagamento

Pai Rodríguez de Valdonedo afóralles a perpetuidade a Gonzalo Iáñez de Chantada, mercador, e á súa muller, María Pérez, dous casares na freguesía de San Pedro da Mezquita por 6 mrs.

Coa mesma data outorga carta de pagamento de 73 mrs. polos trece primeiros anos do dito foro.

No reverso, con data do 21 de abril de 1394, a dita María Pérez fai pagamento de 20 mrs. a Pai Rodríguez.

ACOu, Escrituras XIV, 10
(ed. A. López Carreira, Ourense no século XV, 185)

Sabean quantos esta carta viren que eu Pay Rodrigues de Valdonedo que he en terra de Caldelas, dou et outorgo a foro a vos Gonçalvo Anes de Chantada mercador d’Ourense morador na rua de Çima e a vossa moller Maria Peres que sodes presentes et a todas vossas vozes para senpre, dous cassares de herdade que eu ey en Ferreiros que he su signo de San Pero de Mezquita, et parte con outro lugar de Santa Clara d’Allariz et con o lugar de Feramontaos, sacado ende a oytava parte que pertençe a Pero Gonçalvez de Ravaal. Damos a foro os ditos lugares e herdamentos tan ben o lavrado commo por lavrar, a montes e a fontes con sas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças sub tal condiçon que reparedes os ditos lugares et lavredes e paredes ben os ditos herdamentos en tal maneira que non desffalescan por mingoa de lavor et de boon p[ar]amento, et dedes ende a min et a miña vos en cada huun anno en salvo por la festa de San Martiño de novenbro seis mor. de diñeiros brancos desta moeda ussual ou a estimaçon delles se outra moeda correr et dezemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo et encarrego alguun. Et renunçio aa lee e dereyto que dis que ata quatro annos pode omme demandar o engano, et a todas las outras lees e dereitos que contrarios sean a esta carta et afforamento por que conosco en verdade que estes herdamentos e lugares non valen agora mays de foro ca estes ditos seis mor. por quanto estan hermos et en monte. Et se por la ventura agora mays valen ou valueren des aqui endeante esa mayoria vos dou et outorgo en pura doaçon para senpre. Et juro aos santos avangeos de deus que corporalmente tango con miñas maos que nunca por min nen por outre veña contra este dito afforamento e doaçon que vos faço nen me possa chamar enganado por min nen por outre en juyzo nen fora del. Et obrigo todos meus beens gaañados et por gaañar para vos anparar e defender senpre a dereito con estes lugares e herdamentos que vos dou a foro segundo dito he. Et eu o dito Gonçalvo Anes por min e por la dita miña moller assy o outorgo et reçebo en min os ditos lugares et herdamentos afforados por la maneira et condiçoens que ditas son, et obrigo todos meus beens avidos et por aver para lavrar e parar ben e pagar e fazer et conprir e agardar todas las cousas et condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et he posto e outorgado ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar et o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir et agardar çien mor. da sobre dita moeda por nomme de pena e de interesse, et a dita pena et interesse pagada ou non este afforamento fique firme e valedeyro para senpre. Feyta a carta en Ourense, dez e oyto dias do mes de mayo, era de mill e quatroçentos e dez e oyto annos. Tests. Affonso Anes de Medoos omme do dito Pay Rodrigues e Pero de Ferreiros mercador d’Ourense e Johan Peres de Santa Locaya omme de min notario e Johan Caldelas morador en Seixalvo et Affonso Meiryno de Chantada e outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fiz escripvyr et en esta carta que ende dey ao dito Gonçalvo Anes e a dita sua moller meu nomme e meu signal fiz en testemonyo de verdade que he tal.

(sinal)

Sabean quantos esta carta viren que eu Pay Rodriguez de Valdonedo escudeiro outorgo e connosco que reçebi de vos Gonçalvo Anes de Chantada mercador d’Ourense morador na rua de Çima, seteenta e oyto mor. de diñeiros brancos, et son do foro que me vos aviades a dar por los lugares e herdamentos de Ferreiros que de min afforastes para senpre por seis mor. de diñeiros brancos cada anno, os quaes seteenta et oyto mor. son do dito foro destes trese annos primeiros seguentes que començaran, a primeira paga por dia de Sam Martiño do mes de novenbro primeiro que ven da era desta carta, dos quaes seteenta e oyto mor. me outorgo de vos por entrego e ben pagado, et por que esto seia çerto dey vos ende esta carta de pago. Dada en Ourense, dez e oyto dias do mes de mayo, era de mil e quatroçentos e des et oyto annos. Testemonyas Affonso Anes de Medoos omme do dito Pay Rodrigues et Pero de Ferreiros mercador d’Ourense e Johan Peres de Santa Locaya omme de min notario e Johan Caldelas morador en Seixalvo e Affonso Meiryño de Cha[n]tada et outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la ygleia desse lugar que a esto presente foy et en miña presença o fiz escripvyr et meu nomme |e meu nomme| e meu signal aqui fiz en testimunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] A viinte e hun dias do mes de abril do anno do naçemento do noso salvador Ihesu Cristo de mill e tresentos e noventa e quatro annos, este dia pagou Maria Peres moller de Gonçalvo Yanes de Chantada a este Pay Rodrigues de Valdonedo conteudo en esta carta veynte mrs. de dineiros brancos, dos quaes se outorgou por pagado por testemonyas de Afonso da Costa escrivan e por Martin Peres jubeteiro que mora a crus dos Ferreiros e por Elvira Fernandes moller de Gonçalvo Camareiro.