GMH/ÍNDICE A-Z

165

1420, decembro, 30.
O Concello manda ó procurador Nuño Vinagre, que mudase as gardas da fichadura da porta de Macarelas restaurase o tellado de dita torre e fixese apostar as portas da Algalia de Arriba, Camiño e poxigo de San Francisco.

Triinta dias do mes de desenbre, este dito dia seendo juntados en consistorio enna notaria de Ruy Martines notario da dita çidade, Juan Fernandes Abril e Vasco Peres Abril, alcalles da dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Alvaro Afonso Juliate, Sancho Sanches de Moscoso, Afonso Fernandes Poupelo, Gomes Rodriges, Martin Serpe, Martin Galos, jurados, enna dita çidade e en presença de min o dito Fernan Eanes, notario, etc... e escusador etc. e dos testigos adeante escriptos, enton os sobreditos mandaron a Nuno Vinagre, procurador do conçello da dita çidade que presente estava que mudase as gardas da fichadura da porta de Maçarelas e restoyrase o tellado da dita torre e fesese apostar as portas da Algarra de Cima e do Camiño e o Postigo de San Françisquo e o que ende gastase que lle seria reçebido en conta. Testemoyas: Juan Gonçales da Cana, Garcia Porras, Pero Eanes Abraldes e Juan Eanes, criado de Ruy Sanches de Moscoso.