GMH/ÍNDICE A-Z

1002
1426, marzo, 16. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Diego de Neira e a dúas voces unha casa próxima á rúa Miñá na freguesía de San Pedro de Lugo, por renda anual de cinco marabedís o primeiro beneficiario, e as voces dez e doce marabedís, respectivamente.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, f. 37 r.



Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos as personas, coengos et benefiçiados et omes boos da iglesia de Santa Maria da çiudade de Lugo seendo juntados en noso cabiidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeiramente noso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nosos suçesores, et de consentimento et outorgamento de Lopo Fernandes, coengo en a dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Diego de Neyra, fillo de Lopo Ferrnandes de Sabade, visino que foy de Lugo, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, huna casa que he dos ditos aniversarios que esta en a çiudade de Lugo, que o dito Lopo Ferrnandes, voso padre, feso et ergeu novamente por suas custas et expensas, a qual esta çerca da Porta Minaa da çiudade de Lugo, da huna parte junta con huna casa que he de Lopo de Prol, sobrino de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, et da outra parte vay o carril que vay contra rua Nova qu’esta [...] esta en dereyto as casas de Roy Peres da Porta Minaa, mercador, et vay arriba camino de rua Nova et das cortinas de Gimareu, que ora ten Gonçalvo Meendes, mercador; a qual dita casa vos damos et aforamos con todas suas entradas et saydas et iures et dereyturas et pertenenças et agoas bertes delo çeoo a a terra, segundo le perteesçe, et segundo as o dito voso padre usava et posuya, et lle perteesçen a os ditos aniversarios et a nos, a qual he sub o signo da Capella de San Pedro da çiudade de Lugo, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas persoas, que suçederen et ficaren por persoas en o dito foro, tenades a dita casa con seu seydo et dereyturas en boo paramento en guisa que se non vaan a hermo nen a destroyçon; et dedes de foro et penson vos et as ditas persoas de cada ano, a o moordomo dos ditos aniversarios, vos o dito Diego de Neyra en vosa vida çinquo maravedis, de des dineyros nobeos cada moravedi, et de longos cada ano por dia de San Martino de nobembre, et a segunda persona que suçeder et ficar por persoa en o dito foro que de et pague cada ano por foro da dita casas des maravedis da dita moneda por lo dito dia de San Martino, et a terçeyra persoa, que fuere et soçedere por persona en o dito foro et del for nomeada, que de et pague de foro et penson cada ano dose maravedis da dita moneda et de longos por lo dito dia de San Martino; et outrosy con condiçon que a postromeyra persoa que ficar et suçeder por persoa en o dito foro seia teuda et obligada do dia que en el ficar et suçeder por persoa de viir mostrar et notificar a o dito cabiidoo et mostrar et presentar o dito foro; et a finamento da postromeyra persoa que soçeder en o dito foro que a dita casa con seus seydos et dereyturas et pertenenças fique feyta et cuberta et çerrada en boo paramento con todos los outros boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Diego de Neyra, que estou presente, asy reçebo o dito foro da dita casa con suas entradas et saydas et dereyturas et pertenenças por las maneyras et condiçoes de vos, o dito cabiidoo, et persoas del et obligo a min et a meus bees, mobeles et rayses, de o conprir et pagar et atender en todo et por todo segundo que en esta carta he conteudo. Et nos, as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do dito cabiidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Diego de Neyra, et vosas persoas et a outra que a llançe en o livro do dito cabiidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Diego de Neyra, con o seello do dito cabiidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia, des et seys dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: dom Gonçalvo Lopes, dayan de Lugo; Lopo Dias, mestrescolla; Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, [...] do dito cabiidoo [...] da Porta Minaa, coengos; Fernan Ferrnandes, Roy Ferrnandes [...], raçoeyros da dita iglesia [...], sancristan da dita iglesia, et outros.