1377, novembro, 10. Cortes
Dona Eldonza nomea sucesor nun foro que ten do Cabido a Roi González, escudeiro, veciño de Sarria.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu donna Eldonça, muller de Diego
Sanches de Riba de Neyra que foy, outorgo et connosco por esta
presente carta que a pus minna morte faço pesoa do foro et vervo,
que eu tenno do cabidoo da iglesia da see de Lugo, do couto de Betote
con todas suas dereyturas et pertenenças, commo o eu aio et tenno
aforado da dita see et cabidoo da iglesia de Lugo et con aquellas
condiçoes miismas, a Roy Gomes, escudeyro, morador en Sarrea, fillo
de Roy Gomes da Riba de Neyra et de Tareyia Eanes de Sarrea, con tal
condiçon que eu en toda minna vida non revoco o dito couto et
sennorio del de min nen do iur del, nen me saco nen me ponno fora
del, mays a persoa que aio a faser do dito couto, ou que o ha de aver
por meu mandado depoys de minna morte, nomeo por a dita persoa o dito
Roy Gomes, et prometo de nunca nomear, nen faser, nen diser, nen
leyxar outra persoa do dito couto, en vida nen en morte, salvo o dito
Roy Gomes. Et o dito Roy Gomes que faça a casa que eu y ey de faser
enno dito foro con hun sobrado que eu y ey de faser, et todas las
outras cousas conteudas enno dito foro. Et demays oge este dia leyxo
et demito a a dita see et cabidoo as herdades de Santa Maria de Lama,
que chaman de Marina Arias, que lle peegamos eu o dito Diego Sanches,
meu marido, et as outras herdades de Abraga, et mando que as acaden
et aian. Et demays rogo et peço a o dayam et persoas et coengos et
raçoeyros da dita iglesia et cabidoo de Lugo que outorguen a o dito
Roy Gomes et o aian por a pustrimeyra persoa do dito vervo depoys de
minna morte con estas condiçoes sobreditas. Et porque esto he
verdade et non vena en dulta roguey et mandey a Arias Fernandes,
notario publico por noso sennor o conde don Pedro na Pobla de San
Iullao, que fesese ende esta cata.
Que
foy feyta ennas [Cortez], dez dias de novembre, era de mill et
quatroçentos et quinse annos.
Testemoyas
foron presentes: Iohan Fernandes das Cortes; et Arias Gomes, et
Gonçalvo Rodrigues de Boançe; Pedro Asedo de Villapedre, et outros.
E
eu Aras Fernandes, notario sobredito, a todo esto que dito he foy
presente et scrivi esta carta et fiz en ella meu nome et meu signal.