GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

832
1381, febreiro, 4. Castelo de Asma
Roi Fernández, Martiño Fernández e outros dóanlles ao bispo e á igrexa de Lugo todo canto lles pertence na leira de Couso, freguesía de Santiago de Sobrecedo.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 22r.

Sabeam todos commo nos Ruy Fernandes de Granja por min et en nome de mina muller, Tereyja Peres, et eu Martin Fernandes por min et en nome de mina muller, Dominga Fernandes, et eu Pedro Martines por min et en nome de mina muller, Moor Martines, et eu Martin Eanes por min et en nome de mina muller, Marina Fernandes, et eu Johan Martines por min et en nome de mina muller, Sancha Martines, et eu Martin Eanes, dito Neto, por min et en nome de mina muller, Tereyia Peres, et eu Fernan Peres por min et en nome de mina muller, Orraca Afonso, et eu Domingo Martines por min et en nome de mina muller Tereyia Peres, por las quaes cada hun de obliga (sic) de faser outorgar cada hun por la sua, nos todos moradores enna fiigresia de Santiago de Sobreçedo, por amor de Deus et por nosas almas et d’aqueles a que somos tiudos et por moyto ben et merçee que reçebemos et cada hun de nos de vos, o onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et da dita vosa iglesia, damos a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia para senpre en pura et firme doaçon et por jur de herdade todo o quinon et vos et herança et dereyto que a elles et a cada hun deles et a as ditas suas mulleres et de cada hun delles perteesçe de aver et levar et posuyr asy por avoengo commo por outra maneyra qualquer enna leyra chamada do Couso que esta [espazo en branco], que he enna dita fiigresia de Santiago de Sobreçedo, segundo que ela esta marcada, enna qual vos o dito sennor obispo avedes quinon et sodes en ela herdeyro por nome da dita vosa iglesia, et a salvo fique a nos os sobreditos de usarmos enno monte que esta redor da dita leyra segundo senpre usamos et a herança que en el avemos, et obligamos nosos beens et das ditas nosas mulleres de vos fasermos a dita doaçon de pas a todo tempo, et logo por esta presente carta vos poemos et apoderamos et a a dita vosa iglesia enno jur et posison et propiedade de todo o dito quinon et parte et vos et herança que a nos et a as ditas nosas mulleres perteesçe de aver et levar da dita leyra segundo esta marcada, et tiramos ende a nos et a elas et a toda nosa bos et delas d’aqui endeante; et se por ventura nos ou algun de nos d’aqui endeante usarmos ou posoyrmos d’aqui endeante a dita leyra ou parte dela conosçemos et outorgamos que a usamos et posoymos por vos et en nome da dita vosa iglesia precario, et prometemos a a boa fe de nunca revogarmos esta doaçon en ninhuna maneyra que seia, et se o tentarmos de faser que nos non valla nen seiamos sobrelo oydos e juyso nen fora del.

Et nos, o dito sennor obispo, por nos et en nome da dita nosa iglesia asy reçebemos de vos os sobreditos a dita doaçon segundo que nos la fasedes. Et nos os sobreditos por nos et en nome das ditas nosas mulleres asy vos la outorgamos enna maneyra que dita he. Et que esto seia firme et çerto rogamos a Afonso Touron, notario publico ennas nosas abdiençias et coutos et lugares de nosa iglesia, que vos de delo carta firme signada con seu signal.

Que foy feyta en Castelo d’Asma, quatro dias de fevreyro, era de mill et quatroçentos et des et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea; Fernando Afonso de Belmonte, clerigo; Afonso Peres, camareyro, clerigo; Johan Fernandes de Vilela; Pedro, omme do dito arçidiago; Estevo Ferrnandes, clerigo; Johan das Botas, carpenteyro; Fernando Gonçalvoes de Moreda; Martin Fernandes de Sobreçedo; Pedro Ramos de Castroverde, et outros.

Et eu Afonso Touron, notario sobredito dado por la autoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo et pedimento dos sobreditos esta carta scrivi et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Afonso Touron notario.