GMH/ÍNDICE A-Z

1234
1474, xullo, 28. Santa María de Vilar de Donas
O vigairo lucense, con poder do bispo, (inclúe carta de poder: 1474-IV-14 Valladolid, CD nº 1232), afóralle ó conde de Monterrei o couto de Casadenaia e San Lourenzo de Peibás, a condición de que deixe libre todo o que leva en Sirvián. Deberá pagar anualmente polos beneficios de Lamela, Trastulfe, Pradedo e Santa María do Pazo oito cargas de centeo e 225 marabedís, máis 200 marabedís polo aforado.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/14, perg. orix., galego, cortesá, 310 x 375 mm.

LUGO, AC. Tumbillo Nuevo, fs. 159 r.- 161 r.

CAÑIZARES: pp. 1194-1197.

Sepan quantos esta carta de foro viren como eu Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a yglesia de Lugo, provisor et vicario general en a dita iglesia et obispado de Lugo por lo reverenco in Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, oydor de la Abdiençia del Rey nuestro senor et del su Consejo. Por vertude de un poder a mi dado por lo dito senor Obispo para ho a juso contiudo, do qual o thenor he este que se sigue:

segue a continuación a carta de poder: 1474-IV-14 Valladolid, (CD nº 1232).

aforo et dou en foro a vos o senor don Sancho de Ulloa, Conde de Monterrey, por vosa vida solamente et non mays, o couto de Casa da Naya et San Lourenço de Peybaas, que son en terra de Monterroso, con todas suas rendas et dereituras et senorio sacando as yglesias do dito couto et parte delas, que non van en este foro nen vos as podedes dar nen poer en clerigo nen clerigos, et mays con estas condiçoes: que vos logo libremente leixedes et desenbargedes a o dito senor Obispo et sua yglesia et a seus subçesores para senpre jamays o seu çeleiro de Bolano, que agora lebades, que he en terra de Castroverde, con todas suas rentas et dereituras et outras cousas a el en qualquier maneyra devidas et perteesçentes, et asymeesmo todo o que vos et outro, ou outros de vosa casa, agora lebades da sua terraria de Servian, que he en os coutos de Lugo, et que d’aqui endiante en ningun tempo que seia vos, nen outro por voso mandado, nen que con vos viva nen viver d’aqui endiante, non ocupara nen tomara as ditas rendas et outras cousas perteesçentes a o dito çeleiro de Bolano, nen da dita terraria de Servian, nen parte delas, antes que as leixaredes libremente coller et recabdar a o dito senor Obispo ou a seu provisor, ou a aquel ou aqueles que as del arrendaren, ou por el colleren, et se algun de vosa casa ou que con vos viva, asy agora como de aqui adiante, lle quiser enbargar as ditas rentas ou senorio, asy da dita terraria como do dito çeleiro de Bolano, ou parte delas que vos que llo non consentiredes et faredes en tal guisa et maneira que a o dito senor Obispo et a aquel, ou aqueles que as por el, ou por seu provisor, ouveren de coller lles seian libres et desenbargadas, et para elo daredes todo fabor et ajuda. Et çirca das partes sin cura dos benefiçios sen cura de Lamela et de Trastulfe et de Peraredo et de Santa Maria do Paaço, que vos levades en a dita terraria de Servian et tenedes postos clerigos et por titolos feytos asy por Diego Vaasques, canonigo en esta iglesia, en o seu prestamo de Gomeelle, como do liçençiado, Ruy Lopes, provisor que foy desta dita iglesia et obispado, os quaes son de presentaçion do dito senor Obispo, que vos pagaredes et faredes pagar en cada hun ano por vosa vida a o dito senor Obispo et a seus subçesores, et a aquel ou aqueles que por el colleren as outras rentas da dita terraria en todo o mes de agosto, de cada hun ano, oyto cargas de çenteo medidas por medida direyta da çibdade de Lugo, et mays dosientos et veynte et çinquo maravedis de moeda vella. Et a o punto de voso finamento que as ditas partes sen cura das dita yglesias, que vos agora levades, fiquen libres et quitas et desenbargadas a o dito senor Obispo, cuias son, para que as dea et apresente en clerigos et probea delas a quen lle plasera et faça delas como lle praser como de sua cousa propia sen embargo nen contradiçon de voso herdeiro ou herdeiros. Et que dedes de foro et çenso, en cada hun ano, por lo dito couto de Casa de Naya et San Lourenço de Peybaas a o dito senor Obispo et a sua iglesia et subçesores et a quen coller suas rentas, dusentos maravedis de brancas, de que fasen duas blancas bellas o moravedi, postos en paz et en salvo en a dita çibdad de Lugo fasta dia de San Martino de nobenbre de cada ano.

Et eu o dito don Sancho de Ulloa, Conde de Monterrey, que presente estou, asy reçebo en foro de vos, o dito arçediano de Deçon et provisor do dito senor Obispo, et en seu nome por vertude do dito poder, o dito couto de Casa da Naya et San Lorenço de Peybaas con todas las condiçoes sobreditas, et prometo et dou mina fe como caballero et Conde que soou que desde oje este dito dia en diante non ocuparey, nen tomarey, nen consintirey que ningun home de qualquer estado que seia, que conmigo viba en qualquier tenpo, nen alcalde de fortolesa mina tome nen ocupe a o dito senor Obispo nen a seus fasedores et subçesores cousa alguna do senorio et rentas das ditas terrarias de Servian et çeleiro de Bolano, antes que darey todo fabor et ajuda pera que as colla et senoree o dito senor Obispo et seus subçesores, segundo arriba se conten, et se o contrario feser que por este meesmo feyto este dito foro seia en si ningun et de ningun valor; et que a o tempo de meu finamiento deixarey, et desde agora para estonçe deixo, et renunçio et desenbargo a o dito senor Obispo et sua iglesia et subçesores as ditas partes dos ditos benefiçios de Lamela et Trastulfe et Peraredo et Santa Maria do Paaço, que agora theno en clerigos et lebo, para que as aia et lebe o dito senor Obispo et seus subçesores, ou faça delas o que lle plasera, sen enbargo de ningun meu herdeiro, et que pagarey et farey pagar, en cada hun ano, a o dito senor Obispo et a seus fasedores et mayordomos as ditas oyto cargas de çenteo medidas por medida dereita da dita çibdade de Lugo en todo o mes de agosto de cada ano, postos en cada hun dos ditos benefiçios que estan en o dito prestamo de Gomeele, et mays os ditos dosientos et viinte et çinco maravedis de moeda vella, et a alende desto que pagarey os ditos dusentos maravedis de brancas deste dito foro a o dito senor Obispo et a seus fasedores et subçesores et a o colledor de suas rentas fasta dia de San Martino de nobenbro de cada ano, et con todas las outras condiçoes arriba contiudas, et que a o dito tenpo de meu finamiento que o dito couto de Casa de Naya et de San Lourenço de Peybaas fiquen libres et quitos et desenbargados a o dito senor Obispo et sua yglesia et subçesores, cujos son, et eu desde agora para estonçe llos deixo et desenbargo segundo que arriba se conten.

Et eu, o dito arçediano de Deçon, por vertude do dito poder a min dado por lo dito senor Obispo asy vos outorgo este dito foro con todas las condiçoes sobreditas et con cada huna delas et non sen elas. Et eu, o dito Conde de Monterrey, que estou presente asi o reçebo. En fe do qual outorgamos delo duas cartas de foro et fe et prometemento, anbas en hun thenor, firmadas de nosos nomes et signadas et firmadas do signo et nome de Juan Lopes de San Martino, notario publico, visino da dita çibdade de Lugo, huna para vos, o dito senor Conde, et outra para o dito senor Obispo et sua yglesia et subçesores, et a carta de vos, o dito senor Conde, que seia selada con o selo do dito senor Obispo.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito ante as portas do Moosterio de Santa Maria de Vilar de Donas desta diocesis de Lugo, a veynte et oyto dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et quatro anos.

Testigos que a todo o sobredito foron presentes: Fernan Ares de Sabedra, et Alvaro de Pineyro, et Afonso Ares de Lis, escudeiros do dito senor Conde; et Gonçalo de Paramo, et Ruy do Canpo, visinos da dita çibdad de Lugo, et outros.

Et eu Juan Lopes de San Martino, escrivano de la Camara del Rey nuestro senor et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et de la sua Abdiençia Real de los fidalgos, et notario publico de la çibdade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy esta carta de foro, segun por min pasou et ha outorgou outorgou (sic) o senor provisor et firmou de seu nome, por outro en mina presençia a fis escribyr et puje aqui meu nome et signo que tal he.