GMH/ÍNDICE A-Z

754
1376, abril, 9. Lugo

O bispo de Lugo, con poder de dona Maior, dóalle ao mosteiro de Santa María a Nova, en Lugo, as súas propiedades en Santo André do Lousado e outros lugares. MADRID,

AHN, Carp. 1335/6, perg. orix., galego, gótica cursiva, 340x365 mm; inclúe testamento: 1370-III-21 (CD n.º 711) e carta de venda: 1368-VI-14 (CD n.º 690).

Sabean quantos esta carta viren commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus, obispo de Lugo, por poder que avemos de dona Mayor, muller de Lopo Nunes de Montenegro que foy, et filla de Pero Lopes de Aguiar, noso sobrino, et de Sancha Ferrnandes, sua muller que foy, por seu testamento feyto et signado por notario publico, do qual o tenor tal he:

Segue a continuación o testamento (CD n.º 711).

item nos o dito sennor obispo por lo poder, que nos he dado, da dita dona Mayor por lo dito seu testamento, entendendo que he prol das almas da dita dona Mayor et nosa et dos ditos seus padre et madre, et d’aqueles a que nos et ela somos tiudos, damos et outorgamos a dona Sancha, priora do mosteyro de Santa Maria a Nova da çibdade de Lugo, et a as donas do convento do dito moesteyro para a capela, que nos edificiamos et dotamos enno dito moesteyro de San Domingo de Lugo, enna qual esta ordenada nosa sepultura et en que iaz a dita dona Mayor et nosos parentes et seus, todos los herdamentos et iures et posesios con suas casas et montes et fragas et coutos et senorios et quinoes deles con todos los igliyarios et leygarios et padroadigos et rendas et foros et dereytos et pertenenças et iur de apresentar, que a dita dona Mayor avia et lle perteesçian de aver de feyto et de dereyto ennas feglesias et couto de Santandre de Lousada et de San Martino et de San Pero et de San Salvador de Lençoos et en Ameyxydo, et en seus terminos, et ennos outros lugares des la vila das Pontes do Heume ata contra Vilalva et contra Costas de Montes que son enno obispado de Mendonedo, os quaes herdamentos et iures et posisoes et casas, montes, igligarios et leygarios de suso declarados perteesçian a a dita dona Mayor por compra que deles fezo con o dito Lopo Nunes, seu marido, de Marina Peres de Lago, muller que foy de Fernan Lopes de Lençoos, segundo he conteudo en huna carta feyta por notario publico do qual o tenor he tal:

Segue a continuación o documento de venda (CD n.º 690).

et estos ditos herdamentos vos damos et outorgamos para a dita capela. Et damosvos poder que os possades vender et escambiar, ou parte deles, a quaes persoas queserdes et por lo preçio que quiserdes et por ben teverdes, et coteçendo de os venderdes ou sopinorardes en alguna maneyra que seiades tiudos de comprir logo enno preçio que vos deren por ditos herdamentos outros herdamentos et beens rayzes en lugar destes que vos damos en quanto durar a contia de preçio para serviço de Deus et prol et manteimento da dita capela, a nosa vista ou de noso ome, por tal que a dita capela non desfalesca de que para elo damos et se cumplan et pagen as contias et condiçoes et clausulas que se conteen enno contrauto que sobrelo he feyto entre nos et vos Pero Fernandes Gonçalvo, notario de Lugo (sic). Et nos, as ditas priora et donas, asy o outorgamos et prometemos a comprir en todo. Et que esto seia çerto nos, o dito sennor obispo, mandamos et rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fezese ende este contrato et o signase de seu signal.

Feyto en Lugo, nove dias de abril, era de mill et quatroçentos et quatorze annos.

Testemoyas que foron presentes: Ares Fernandes, coengo de Lugo, et Lourenço Eanes, coengo de Ourense, morador en Lugo, et Gomes Ares de San Fiis de Paradela, et Afonso Peres, clerigo, camareiro do dito sennor obispo, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas chamado et rogado presente foy et a pitiçon et mandado do dito sennor obispo esta carta aqui en minna presença fis scripvir et aqui puge meu signal. (+).