GMH/ÍNDICE A-Z

1029
1431, febreiro, 20. Lugo

Gonzalo Pérez, clérigo do coro, afóralle perpetuamente a García Martínez media casa no pozo da Porta Miñá por renda anual de sete marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1335 nº 16, perg. orix., galego, cortesá, 240 x 175 mm.


   

Sabam quantos esta carta viren como eu Gonçalvo Peres, clerigo do coro da iglesia de Santa Maria de Lugo et capelan da Capela de Santa Cathalina sita en a dita iglesia, veendo et entendendo que he prol et boo paramento da dita Capela et dos capelaes que dela foren, et por quarto a meatade de huna casa que esta a o poço da Porta Minaa junto con ho espital de San Miguell perteesçente a a dita Capela, da qual dita casa a outra meatade he do dito hospital de San Miguell, et ias en terra et derribada et non esta en boo paramento, dou aforo a vos Garçia Martines, coytaleiro, morador en a rua da Ferraria da çiudade de Lugo, para senpre por jur de herdade a dita meatade da dita casa de Santa Cathalina con suas entradas et saydas, pertenenças et dereituras, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Garçia Martines, et vosa vos et herdeiros dedes et paguedes en cada hun ano a min, et a aqueles que despoys de min foren capelaes da dita Capela de Santa Cathalina, sete moravedis desta moneda que ora corre, contando a branca en tres dineiros, ou de outra moneda que se a o tempo correr et andar chaamente en este Regno de Galisa de mercador a mercador, a o tenpo que se pagan os outros foros da dita iglesia de Lugo, os quaes ditos sete maravedis a dita Capella et os capellaes que dela foren an de aver por la vosa casa que esta en a rua da Ferraria, en que vos agora morades, para senpre jamays.

Et eu o dito Gonçalvo Peres, Capelan da dita capela, de liçençia et abtoridade de Nuno Gonçalves, coengo de Lugo, vigario de don Martin Vidal en a dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, asy vos dou et outorgo o dito foro da dita meatade da dita casa para senpre segundo dito he. Et eu o dito Nuno Gonçalves, vigario sobredito, asy o confirmo et mando que valla por quanto vos, o dito Gonçalvo Peres, capelan da dita Capela, en minas maos por vosas ordees fasedes juramento que o dito foro he feito en proveyto da dita Capela et dos capelaes que dela foren.

Et eu, o dito Garçia Martines, que presente estou por min et por mina vos asy resçebo o dito foro da dita meatade da dita casa et obligo a dita mina casa en que agora moro, que esta en a dita rua da Ferraria, para que a dita Capela de Santa Cathalina et os capelaes que dela foren et despoys de vos en ela subçederen aian de cada hun ano por la dita casa os ditos sete maravedis para senpre jamays subçesive, et que a dita casa pase para senpre con esta dita pensson; para o qual asy conprir et atender obligo a dita casa et todos los outros meus beens avidos et por aver. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes outorgamos delo esta carta de contrauto por lo notario et testemoyas subescriptas a o qual rogamos et mandamos que faça delo duas cartas anbas feitas en hun thenor a huna para vos, o dito Garçia Martines, et vosa vos et outra para min, o dito Gonçalvo Peres, et capelaes que foren da dita Capela.

Feita et outorgada en a dita iglesia de Santa Maria de Lugo, viinte dias do mes de fevreiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: Estevoo Yanes et Roy Fernandes, criado de Lopo Fernandes, coengo, clerigos do coro de Lugo; Lopo Afonso do Campo, mercador, et outros.

Et eu Johan Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta a rogo das ditas partes en mina presença por outro fis escripvir et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdad.
Johan Fernandes, notario.