GMH/ÍNDICE A-Z

1163
1464, novembro, 7. Monforte

O vigairo lucense afóralles a Rodrigo de Sesbalde, á súa muller e a unha voz o casal de Sesbalde na freguesía de San Vicente de Monforte, por renda anual de dúas cuartas de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/21, perg. orix., galego, cortesá, 250 x 300 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a yglesia de Lugo, vigario et fazedor por meu senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, por poderio que ey et teno de sua merçede para o a juso escripto, veendo et entendendo que he serviçio do dito senor Obispo et prol et boo paramento de sua yglesia et mesa obispal, aforo a vos Rodrigo de Sesbalde et a vosa muller, Tereija Gonçalves, et a outra persona qual o postrimeiro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, et non seendo nomeada que seia persona quen herdar os bees do postrimeiro de vos de dereito, conben a saber que vos aforo, como dito he, o lugar et casar chamado de Sesbalde, que he do dito senor Obispo et sua yglesia et mesa obispal, et jas sub o signo de San Viçenço de Monforte, o qual vos aforo con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et bees rayzes et cousas a el perteesçentes, a montes et a fontes, por onde quer que baan sub o dito signo, a tal pleito et condiçon que labredes et paredes ben todas las herdades do dito lugar et moredes as casas del et as tenades feytas, cubertas et ben reparadas en tal maneira que se non pergan por mingoa de boo paramento; et dedes et paguedes de foro et renda vos et a dita vosa muller et persona, en cada hun ano, a o dito senor Obispo et a seus suçesores, ou a quen ho por el ouver de aver, dous quartas de pan a metade serodeo et a metade tenporaao, medido por teega dereita de Monforte, linpo de poo et de palla, posto en pas et en salvo en o dito lugar des dia de Santa Maria de agosto fasta Santa Maria de setenbre, et que seiades obedientes a o dito senor Obispo et a seus suçesores, et a finamento da postrimeira persona que o dito lugar et casar et cousas a el perteesçentes fique libre et quito et desenbargado a o dito senor Obispo et sua yglesia et mesa obispal ben labrado et reparado et con todos los boos paramentos que en elo foren feytos.

Et eu, o dito Rodrigo de Sesbalde, que presente estou por min et en nome da dita mina muller et persona asi reçebo de vos, o dito arçediano et vigario, o dito foro et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persona de o teer, gardar, conprir et pagar segundo et en a maneira que se en el conten. Et eu, o dito arçediano et vigario, asy vos lo outorgo et obligo a min et a os bees do dito senor Obispo de vos lo fazer saao et de pas a todo tenpo, et porque seia çerto outorgovos delo huna carta de foro por ante o notario et testemoyas de juso escriptos.

Que foy feyto et outorgado en a vila de Monforte, sete dias do mes de novenbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes: Roy Nunes, morador en Monforte; et Fernan Yanes de San Jullao, clerigo; et Fernan de San Julao, barbeiro; et Lopo Conde, criado do dito Roy Nunes, et outros.

Et eu Fernan Ares de Burgo Novo, notario publico da çibdade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et yglesia dese lugar, a esto que sobredito he con os ditos testigos presente foy, et esta sobredita carta de foro por mandado et outorgamento do dito arçediano, que aqui firmou de seu nome, por mia maao escripvi et a pedimento do dito Rodrigo de Sesbalde aqui puge meu nome et signo que tal he en testemoyo de verdade.