GMH/ÍNDICE A-Z

946
1417, xullo, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Afonso, clérigo, e a dúas voces un terreo edificable en Vilafranca por renda anual de doce marabedís e a obrigación de construír unha casa e darlles pousada ós beneficiados do Cabido sen ningún custo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 127 r.


       

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como nos as persoas, coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nosos suçesores damos aforo et avervo a vos Juan Afonso, clerigo, capelan de Santa Catalina de Villafranca, et a outras duas persoas depoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, huna nosa praça de casa que esta en a dita villa de Villafranca, que soya teer en foro Aldara Corcova, a qual dita praça de casa esta en a rua do Campo junto da huna parte con outra nosa casa que ten Fernan Yanes de Neyra, et da outra parte esta junta con outra casa que ten Fernan Rodrigues, çapateyro, que he do Mosteyro de Meyra, et topa detras en hun noso vergeu que ten o dito Fernan Yanes, et de deante topa en a rua do Camino Françes, a qual he sub signo do Mosteyro de Santa Maria de Crunego; a qual vos aforamos con suas dereyturas et pertenenças, segundo que a tina et usava a dita Aldara Corcova, a a tal pleyto et condiçon que vos façades huna casa en a dita praça d’aqui ata dous anos primeyros seguentes, et ha façades de paredes de pedra et cubrades de madeyra et tella; et dedes et pagedes de foro et penson en cada hun ano a nos o dito cabidoo, ou a noso mordomo et destribuydor, ou a quen de nos tever os outros bees que nos avemos en Villafranca, dose maravedis de moneda vella et de longos en cada hun ano por dia de San Martino de novembro, et os pagedes en a moneda que se pagaren os outros foros do dito cabiidoo. Et outrosy que vos et as outras persoas que suçederen en o dito foro seiades teudos et obligados de dar pousada et ospedadego en a dita casa a os benefiçiados do dito cabidoo quando eles foren en a dita villa et vos la demandaren mentre que y esteveren en a dita villa sen custo algun; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta et cuberta et ergida et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et a o cabidoo dela, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu o dito Juan Afonso, clerigo, que presente estou asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, para min et para as ditas persoas, et obligo meus bees et seus de o comprir et pagar et atender en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Juan Afonso, clerigo, et vosas persoas, et outra que a lançase en o libro de nos, o dito cabidoo, et as signase de seu signal.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia cathedral do dito lugar, viinte et oyto dias de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; dom Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Dias, mestrescola; Juan Dias, Nuno Gomes, Afonso Teyxeyro; Juan Lopes, Afonso Ares, coengos da dita iglesia; Afonso Rodrigues,

Pedro Ferrnandes das Camoyras, raçoeyros, et outros.

(sen subscrición).