GMH/ÍNDICE A-Z

73
1433, novembro, 4

Estevoo Cruu, mercador, xurado de Pontevedra, declara que debe a Alvaro de Peñaflor, criado de Lope Alvares de Leon, 750 mrs. que lle prestara. Promete paga-los antes de febreiro do ano seguinte.

(ff. 34-34 v)

Quatro dias do dito mes. Sabean todos que eu Estevo Cruu, mercador, jurado da villa // de Pontevedra que soo presente, outorgo et conosco que devo et ey de dar et pagar a vos, Alvaro de Penafrol, criado de Lope Alvares de León, cuja alma Deus aja, que sodes presente, seteçentos et çinquoenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos seteçentos et çinquoenta mrs. da dita moeda me vos emprestastes por me faser amor et graça e boa obra, et os eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade ben et conpridamente et renunçio etc. Et seo diser etc. Et os quaes ditos seteçentos et çinquoenta mrs. da dita moeda vos promete et outorgo de dar et pagar doje este dia ata en todo o mes de fevreiro primeiro que verra, que seera en este ano primeiro que ven do señor de mill et quatroçentos et trinta et quatro anos por mĩ et por todos meus bẽes movles et reises que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite etc.
Et ante me obligo de vos dar et pagar a pena se en ela caer que o prinçipal, et despos pagar prinçipal et pena todo enteiramente, et a pena etc. Todavia etc. Et eu o dito Alvaro de Penafrol, que soo presente, asi o resçebo. Testemoyas: Pero Cruu o vello, Garçia Goterres, jurados, et Juan de Sevilla escrivano del rey et outros.
Este dia Garçia Goterres obligou seus bẽes de quitar a salvo et a pas ao dito Estevo Cruu dos ditos DCCL mrs. por quanto, por seu mandado, feso et recebio por eles; eso mesmo o dito Garçia Goterres dou seu poder conprido ao dito Estevo Cruu para que por el posa cobrar os ditos MD mrs. vellos que ha de merçed do arçobispo en qualquer dos alcaldes que agora son da dita villa et eso mesmo para que, por el et en seu nome, podese demandar et cobrar todo o pan et viño et dineiros et outras quaesquer cousas que lle devan et dar sejas tiudos quasquer personas que sejan et dar carta de pago et entrar en juiso et sustituyr outro procuradores se conprir, etc. Testemoyas: ut supra et Alvaro Pẽnafrol.