GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

693
1368, novembro, 5. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Ares e á súa muller e a unha voz o casal do Vilar de Toirán, na freguesía de San Salvador de Toirán, por renda anual de tres terzas de pan e outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 158r.

Saban quantos esta carta viren commo nos, o dean, et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados por campaa tangida enno coro da dita iglesia, segundo he de uso et de custume, con outorgamento de don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea, teente a amistraçon do mes de desembro en terra de Santa Alla Alta et do couto de Picato, damos et outorgamos aforo et avervo a vos Juan Ares, morador en Villar de Toyra, et a Moor Fernandes, vosa muller, et a huna persona qual o postremeyro de vos nomear en vida ou en morte, o noso casal de Vilar de Toyra, que a nos pertesçe por rason da dita iglesia, con todas suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, per hu quer que vaa sub signo de San Salvador de Toyra, et sub outros signos quaesquer, a a tal pleyto et condiçon que vos et a dita vosa muller et persoa sobredita lavredes et paredes ben as ditas herdades do dito casal en maneyra que os novos delas non se perçan con mingoa de labor, et tiredes onde iouberen mal paradas a todo voso poder se as poderdes tirar, se non que o fagades saber et notifiquedes a o dito arçidiago, que ora he amistrador, ou a outro qualquer que tever depus el a dita amistraçon, et façades as casas que y estan por faser et as mantenades feytas, et a persoa que para esto nomeardes ha de seer vosa semelavele asy que non seia cavaleyro nen ome poderoso; et avedes a dar, cada anno, por foro del a o dito arçidiago, que ora ten a dita amistraçon ou a outro qualquer que a depus el tever, tres terças de pan do mellor que y ouver a semente posta, as duas partes de temporao et a terça de serodeo por teega dereyta de Lugo, que façen teega et medea fanega, sen outro desconto algun; et avedes y de faser arbores aquelas que poderdes, et a a morte da postremeyra persoa que para esto for nomeada que o dito casal fique livre et quito a a dita iglesia con as casas feytas et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos, et con provo de hun boy de arado et de huna vaca sen maliçia. Et vos et a dita vosa muller et persoa sobredita avedes de seer vasalos serventes et obedientes da dita iglesia de Lugo, segundo he de costume.

Et eu, o dito Juan Ares, por min et por la dita minna muller et persoa sobredita, asy reçebo o dito foro de vos, o dito dean, et cabidoo et amistrador sobredito, et obligo a min et a todos meus bees, moviles et rayses, gaanados et por gaanar, para todo esto asy complir et gardar et teer commo dito he. Et por que esto seia çerto nos, o dito dean, et cabidoo et Johan Ares et persoas sobreditas rogamos et mandamos a Fernan Peres, notario publico enna çibdade de Lugo, que feçese ende duas cartas en hun tenor, a huna para lançar enno noso livro et a outra para o dito Johan Ares, et as signase de seu signal en testemoyo de verdade.

Feyto feyto (sic) en Lugo, çinquo dias de novembre, era de mill et quatroçentos et seys annos.

Testemoyas: don Ruy Fernandes, dayan; don Juan Dias, chantre; don Joan Afonso, arçediano de Deça; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvaro Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, coengos, Roy Vasques, criado do dito arçediano de Sarrea; Ares Pelaes de Guisande, et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado por lo obispo dese lugar, a esto presente foy con as ditas testemoyas et por rogo das partes sobreditas esta carta fis scripvir et puge en ela meu nome et sinal.