GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

82

1418, abril, 29.
Os serventes do Concello Sueiro Afonso e Pedro Afonso, declaran ter recibido o vestiario que lle correspondía do ano 1417. Tamén recoñecen ter recibido o seu salario e vestiario de dito ano Afonso da Cana, Gonzalo Pérez e Domingo Longo.

Viinte e nove dias do mes de abril. Sabean quantos esta carta viren como nos Sueiro Afonso e Pero Afonso, serventes do conçello da çidade de Santiago, connosçemos e outorgamos que reçebemos de vos Pero Leyteiro procurador do dito conçello o vestuario que nos ouvemos de aver do dito conçello por rason dos ditos ofiçios o anno que pasou de mill et quatroçentos e des e ssepte annos que se fiinçeu por lo primeiro dia do mes de janeiro (en)25 deste anno da feita desta carta e do qual dito vestuario nos outorgamos entregos e ben pagados et renunçiamos a toda eixepçon que nunca delo digamos o contrario. E a esto foron presentes, Fernan Yanes, notario del rey e Lopo de Vilaverde, notario et Fernan Montesiño, criados de min, notario ajuso escripto.  
(Fol. 41 vº)
Predito.- Sabean todos que seendo o conçello e alcaldes e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade, segundo que ha de custume, presentes ende Martin Galos e Juan Aras da Cana, alcalles, e Alvaro Afonso Juliate e Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçales do Preguntoiro e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados da dita çidade et en presença de mi o dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante scriptas, enton o dito conçello, alcalles e regidores e omes bõos sobreditos, mandaron a Alvaro Gil, procurador do dito conçello que presente estava que dese e pagase a Afonso da Cana, servente do dito conçello dusentos e noventa moravedis, branqua en tres dineiros, que o dito conçello lle devya por conta do seu selario do anno pasado de quatroçentos e des e septe que se fiinçeu por lo primeiro dia do mes de março deste anno que anda e que pagase a Gonçalo Peres, servente do dito conçello noveenta maravedis da dita moeda e aos herdeiros de Juan D’Oural outros noventa maravedis que lles eran devidos dos seus vistuarios e selarios do dito anno pasado fiinçido por lo dito primeiro dia de março e que tomase deles carta de pago e lle serian reçebidos en conta. Testemoyas Aras Chantreiro e Juan Duran, Vaasco Troquo, Bernald Yanes do Camino e Juan Dominges de Liñares, visiños da dita çidade.  

 
25 Borrado.