GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

268
1330, setembro, 12 luns
Protesta do Cabido de Lugo contra a exacción do xantar que se lle esixía por carta do rei Afonso contra os usos e costumes daquela igrexa segundo información testifical.
 LUGO, AC, CAÑIZARES, pp. 1009-1010, con referencia ao perg. orix., 310x340 mm.

Sabeam quantos este testemoyo virem como en presença de min Jacome Eannes, notarius publicus de Lugo, e das testemonias que aqui adiante seran scriptas, seendo o dayan e o cabidoo da yglesia de Lugo chamados por campaa tangida segundo que he uso e custume da dita iglesia, Diego Suares, escrivan del rey et colledor dos seus jantares do abbadengo e do regaengo de Galiça, mostrou e feço leer hua carta de noso sennor el rey escripta en papel e seellada con seu seello en costa, o tenor da qual carta he este que se segue:

Deseguido insire o documento expedido en Toledo: 1330-VI-20, (CD n.º 264).

a qual carta leuda o dito Diego Suares diso et affrontou a os ditos dayam et cabidoo que lle pagasem o dito jantar para seu sennor el rey se non que protestava de penorar tantos de seus bees por que se entregase do dito jantar con la costa que feçesse enno recabdar. Et os ditos dayam et cabidoo diseron que des que a dita iglesia fora fondada en esta cidade que elles nen seus anteçessores que nunca pagaran jantar a os reys que foran ante d’este en este ata aqui, et que estavan en este huso, et que noso sennor el rey, a quen Deus mantenna, que lles confirmou todos los privillegios et libertades et boos hussos et custumes que avian ata aqui en estas cortes que agora feço en Madrid. Et diseron et afrontaron a o dito Diego Suares que os non desaforase, non lles pasasse contra a carta de nosso sennor el rey que el mostrava en que se continna que pagasem segundo que hussaram de pagar a os outros reis, e este ata aqui, o seu jantar, et se dito Diego Suares quisere que elles esto que diçian que o mostraran en qual manera el quisese, et entre tanto que os non penorase se non que protestavan de o yr mostrar et querelar a seu sennor el rey.

Et esto foy enna iglesia lunes XII dias de setembro era de mill et treçentos et sessaenta et oyto annos.

Et despoys desto XVIII dias de dito mes de setembro, era sobredita, o dito Diego Suares con Jacome Affonso, alcayde da dita cibdade de Lugo, et conmigo o dito Jacome Eanes, juramentou sobre sanctos avangeos a Johan Affonso da rua de Vermudo Sanches, et Pedro Eanes Pellam morador a a Cruz, et a Pedro Fernandes, et Afonso Torto, et a Pedro Eanes Torto, et a Pedro Eanes Cecus, et Affonso Fernandes, et a Fernando Peres, notario, as quaes testemoias juramentadas como dito he o dito Diego Suares fiço pregunta a cada hum pe-llo iuramiento que avia feyto se sabian por vista ou por oyda que os ditos dayan et cabidoo que agora som, ou seus anteçessores, pagasem jantar a os reys que foron ante d’este, ou a este en seu tenpo ata aqui. Et cada huna de estas testemoias en seu cabo diseron pe-lla dita jura que avian feyta que nunca se aqui pagaram mais de duas jantares a os reys en esta manera: o obispo huum, jantar et oo conçello outro, et obispo que pagava por si et po-lo conçello, et mays que os ditos dayam el cabidoo que nunca pagaran jantar nen lles fora demandado ata aqui. Preguntados por que sabian diseron alguns delles que avian oyteenta annos que moravan enna dita cibdade de Lugo et que nunca viran nen oyran que os ditso dayam et cabidoo pagasen jantar en nehun tenpo, et que o davan asy por çerto. Et estas testemoias rescibidas o dito Diego Suares pedio a min, o dito notario, que lle dese este testemoyo çerrado et seellado con seello a o dito alcayde, et signado con meu signo pola conta do dito jantar a noso sennor el rey.

Testemoyas: Aras Peres, notario; Johan Ds., çapateiro; Alvar Dias, escrivan galego do couto de San Martinno; Johan Suares de Oviedo, et outros.

Eu Jacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy en minna presença fis trasladar a carta et testimoyo, et fuit presente a todo esto Diego Suares sobredito, escrita enna iglesia et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.