GMH/ÍNDICE A-Z

118
1435, xaneiro, 31

Fernan Afonso, pedreiro, declara que debe entregar a Juan Fernandes de Vilahude 16 milleiros de sardiña arencada, polos que xa recibiu o prezo acordado. Promete entregalos mediado o próximo mes de decembro.

(f. 58 v)

(roto) quinto, dia luns triinta et ũu dias do mes de janeiro. Fernan Afonso pedreiro, criado de Pero Garçia pedreiro, conosçeo que devia a Juan Fernandes de Vilahude des et seis millares de sardiña arencada boa et merchante, por los quaes resçebo a contia de mrs. en mia presença et douse deles por pago etc., os quaes des et seis millares da dita sardiña lle prometeo pagar mediado o mes de desenbro primeiro que ven, so pena de pagar a como valuer em Aragon ou en Sevilla etc. ou en Januva (?) ou Barçelona. Testemoyas: Domingo Vidal carpenteiro et Juan Giançe, moradores ena dita vila, et Martiño et Diego, criados de mĩ notario.