GMH/ÍNDICE A-Z

140
1435, marzo, 20

Estevoo de Geende fai seu procurador a Gonçalvo Carriço para que demande a Martin da Sovereira e a outros os mrs. que lle debían.

(f. 66 v)

Anno domini Mº CCCCº trecesimo quinto, viinte dias de março. Estevoo de Geende, morador en San Pero de (...?) feso seu procurador a Gonçalvo Carriço, fillo de Fernan Peres, corretor, para que por el et en seu nome demandase a Martin da Sovereira et a outras quaes quer personas todas las contias de maravedis que lle deven, et dar carta de pago et entrar en juiso etc., sustituir etc. Testemoyas: Juan de Cabral, pedreiro, et Juan Esteves Gago.