GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

528
1434decembro, 15
Álvaro de Aguiar, cóengo, ofrece fiador na débeda que ten co arcediago de Castela por unha cantidade de viño, e o vigairo amplíalle o prazo de pago, para o que el nomea un home bo. (fol. 164-164v)

Carta de Alvaro d’Agyar.

En este día Alvaro d’Agyar, coeengo enna igleia d’Ourense, paresçeu ante Pero Sanches vigario do señor obispo ennas casas de sua morada e pedío ao dito vigario que por rason que o arçediano de Castela, Fernando Anes, avya contra el gaanado huna carta sobre rason de çerto viño e custas e por quanto enna dita carta non fora mays de tres dias et el por lo praseo que fora brebe, pensando que eran seys dias, avya encorrido en ela, por ende que pedía ao dito vigario que o asolvese da dita carta, et el que dava por fiador Alvaro Gonçalves notario que presente estava, de pagar ao dito arçediano todo o que fose achado por conta que lle devía en rason da dita carta e do dito viño, para o qual leixava por seu omen boon Afonso Ares, para que o vise et livrase et determinase a dita conta, sobre lo qual lle outorgava poder abastante etç. et o dito señor arçediano diso (fol. 164)

diso que reçebya o dito fiador porlas dita condiçoens et que o mandava asolver etç. Tests. Alvaro Gonçalves et Lopo Peres notarios et Pero Lourenço clerigo reytor de San Lourenço de Pyñor et outros.