GMH/ÍNDICE A-Z

221
1334, outubro, 10
foro

Lopo Rodríguez de Sabadelle afóralles a Xoán Pérez de Parada e á súa muller, Maior Martínez, un herdamento en Xubande (Sabadelle), por 133 soldos e medio da moeda "de nove" do rei don Afonso, o día de Pascua.

ACOu, Escrituras X, 12

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Lopo Rodrigues escudeyro de terra de Aguiar, fillo de Rodrigo Aras cavaleyro que foy de Sabadelle, dou e outorgo a foro a vos Johan Perez de Parada e a vossa moller Maior Martines e a toda vossa voz para senpre todo quanto erdamento, casas, arvores, cortinas e foros, a montes e a fontes con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças que eu conprey e gaaney de dizimo a deus de Johan Martines dito Rapatoios en a villa d’Aiovande e en todolos termios desse lugar de Aiovande, que som na friguesia de Sabadelle. Que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades o herdamento e cousas sobre ditas en jur de erdade para senpre. Et lavredes e paredes eles bem que non deffalescan por mingua de lavor e de boon paramento, et reçebades para vos de dizimo a deus as novidades e proes que deus y der. Et diades ende a min e a mina voz cada anno de foro en salvo na festa de Pascoa çento e triinta e tres soldos e meo de moeda de nove de nosso señor el rey don Affonsso de que contan quatro diñeiros novos por tres soldos, et se esta moeda non correr que me paguedes aa quantia dela sigundo que estimaren as outras rendas en terra d’Aguiar. Et se quiserdes vender o herdamento e cousas sobre ditas ou parte delas que primeiramente vendades ou obliguedes elas a min ou a mina voz ante que a outre por justo preço, et se as assi non quisermos reçeber que as vendades ou obliguedes pero non a cavaleiro nen escudeiro nen a religiosa pessoa nen a moordomo alleo, mays a tal pessoa que seia semellavil e comunal de vos e que cunpra e agarde todalas cousas que se em esta carta conten. Et outorgo anparar e deffender senpre vos e toda vossa voz a dereito com este afforamento por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et para lavrar e pagar e conprir commo dito he, nos os sobre ditos Joan Peres e Maior Martines obligamos nos e todos nossos beens gaanados e por gaañar. Et qual quer das partes que contra esta carta passar peite aa outra parte çem mor. da dita moeda e esta carta valla e fique firme para senpre. Feyta a carta na friguisia de Velle de terra d’Aguiar, dez dias doytubro, en era de mill e ccclxxii annos. Testimoyas Pero Eanes dito Boffom e Johan Eanes lavrador de Çimadevila moradores en Ourense e Martin Perez dito Raton morador aa ponte da Looña e Johan Martines lavrador de Meende.

Et eu Affonso Eanes notario publico en terra d’Aguiar e en a villa d’Ourense que a esto presente foy e o escrivy e meu sinal y puge en testimoyo de verdade que atal est.

(sinal)

[reverso] Carta d’Aiuvande de aforamento que fezo Lopo Rodrigues.