GMH/ÍNDICE A-Z

424
1383, xaneiro, 8
foro

Xoán Martínez de Carracedo, clérigo, subafóralle vitaliciamente a Roi Pérez, zapateiro, unha cortiña de viña, na outra banda do Barbaña, que el ten aforada da capela de Santa María a Madre, por 12 libras.

ACOu, Fábrica II, 632

Sabeam quantos esta carta viren que eu Johan Martines de Carrasedo clerigo, dou e outorgo a foro a vos Ruy Peres çapateiro morador en Ourense na rua da Burgaa que sodes presente en toda vossa vida tan solamente e mais non huna cortiña de viña que eu ey en termio d’Ourense daquel cabo o rio da Barbana, a qual jas a sobre lo camino por que van da ponte do Outeiro para Porto Carreiro et parte de huun cabo con outra chousa que agora tem Estevo Lourenço vizino d’Ourense que he foreira ao cabidoo da igleia d’Ourense, et en çima topa en huna chousa e cortina da viña que fui de Garçia Rodrigues das Tendas et en fondo ferre enno dito camino, et a qual cortina eu teno aforada da capela de Santa Maria a Madre. Aforovos a dita cortina por lo dito tenpo commo dito he con todas suas entradas e seidas, jures e perteenças por hu quer que as aja e deva a aver de dereito por tal pleito e condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira commo non desfalesca por mingoa de lavor e de bon paramento, et que dedes e paguedes ende a min de foro en cada huun anno por dia de San Martiño do mes de novenbro doze libras de bancos ou a estimaçon delas na moeda que correr porlo tenpo, e por este foro a aiades do al de desemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo pagando o seu disimo a deus. Et obrigo todos meus beens ecl[es]ias[ti]cos e segrares moviles e rayses gaanados e por gaañar para vos anparar e defender a dereito enno dito tenpo commo dito he. Et eu o dito Ruy Peres que soon presente asi o outorgo e resçebo en min de vos o dito Iohan Martines a dita chousa aforada por lo dito tenpo commo dito he, et para a lavrar e parar bem e pagar cada anno o dito foro e conprir e agardar todas las condiçoens que en esta carta som contiudas e cada huna delas obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto fuy e outorgado ontre as ditas partes que qual quer delas que contra esta carta et aforamento quiser pasar e o non conprir e agardar que peyte aa parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mor. de brancos et a dita pena paguada ou non que esta carta e todo o que en ela he contiudo fique firme e valla enno dito tenpo sigundo e enna maneira que he feita. Et desto as ditas partes mandaron faser duas cartas anbas en huun tenor. Feyta a carta en Ourense, oyto dias do mes de janeiro, era de mill e quatroçentos e veiinte e hu[n] annos. Tests. que foron presentes Gonçalvo Çebolino dobreiro da igleia d’Ourense e Affonsso Fernandes capelan da capela de Santa Maria a Madre, Domingo Ruvio alfayate e Iohan da Area muyñeiro.

Et eu Gonçalvo Peres Sardyna notario publico da çibdade d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar que a esto que sobre dito he con as ditas tests. presente foy e esta carta que ende delo dey ao dito Roy Peres en miña presença o fis escripvyr e meu nome e meu sinal aqui fis en test. de verdade que tal he.

(sinal)

Carta de Rodrigo Peres çapateiro e de Joan Martines de Carrasedo.