GMH/ÍNDICE A-Z

H35
1435, novembro ?, 19
Xoán de Ortega afora a seis voces a Afonso do Cabo un lugar sito en Santa María de Reza, previamente revertido por impago das rendas, e un anaco de herdade, por sesta de pan e viño, 15 mrs. de dereitura e outros 15 mrs. por servizo. (fols. 13v-14)

Feita e dada jaz anotada enno libro manual. Carta de Afonso do Cabo. Pagadas III brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense, por poder que del teño segundo que esta por este notario por quen esta carta he feita etç. dou et outorgo aforo a vos Afonso do Cabo que sondes presente et a vosa moller Catalina Afonso que non he presente, morador enna çibdade d’Ourense, et a seys voses apus finamento do pustromeiro de vos anbos asy que vos en vosa vyda ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz etç., conben a saber que vos aforo o lugar de San Payo /que he da mesa obispal do dito señor obispo\ (con suas ca)* que esta enna freigesia de Santa Maria de Reça, con
todas suas casas et herdades e arvores et soutos et cortinas e pastos (e ar)* a montes e a fontes et con agoas correntes e vertentes e a montes et a fontes e con todas suas entradas etç. /o qual dito lugar eu reçeby por maas paranças e porlos foros non pagos e por que estava da(...)l labrado\ por tal condiçon que (o)* moredes o dito lugar por vos ou por outro, et reparedes as casas do dito lugar, et labredes e paredes ben as ditas herdades do dito lugar en tal maneira como non desfalescan por mingoa de lavor et de boon paramento, et façades foro de sesta ao dito señor obispo vos et as ditas vosas voses de todo o pan et viño (fol. 13v)
que deus der ennas herdades do dito lugar, a qual novidade colleredes por seu mayordomo, ao qual proveeredes de comer e de beber, et daredes a con-posta enna viña et o viño branco no lagar etç. et darendes mays por dereytura por dia de San Martiño de cada anno quinse mrs. et por serviço de cada anno por lo dito dia de San Martiño /outros quinse mrs.\ et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar etç. Iten vos aforo mays con o dito lugar huun pedaço de herdade (a q)* que jaz enna leira primeira (a cabo) d’Ortegedo et topa de huna das partes enno rio et da outra parte porla congostra vella, a qual foy de Alvaro de Fonteenllo, porla qual faredes o dito foro de sesta de todo o que deus en ela der, et et outrosy non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna etç. et seredes vos e as ditas vosas voses vasallos serbentes et obedientes e non vos chamaredes a outro senorio etç. et se pleyto ou contenda recreçer etç. et se estas condiçoens non conprirdes etç. et obrigo os beens do dito señor obispo etç. Et eu o dito Afonso do Cabo obrigo meus beens etç. Penna quinentos mrs. etç. Tests. Alvaro das Seixas clerigo e Diego e Gomes criados do dito mestre escola e Gonçalvo de Gostey clerigo. Feita a XIX dias de nobenbro do dito anno. (fol. 14)