GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

17

xaneiro, 6

Contas feitas entre Gonzalo do Paraíso, morador en Bobadela, Álvaro de Sobrado e Inés Afonso, resultando que o primeiro debe ao segundo 174 mrs., comprometéndose a satisfacerllos en viño. (fol. 5)

Alvaro de Sobrado.

En este día Gonçalvo do Parayso, morador en Bobadella et Alvaro de Sobrado, feseron anbos a dous conta feita, finada e rematada de todoslos annos pasados ata este presente dia, asy das devedas de Eynes Afonso como das devedas do dito Alvaro de Sobrado, asy que acharon trasla dita conta que fique devendo o dito Gonçalvo do Parayso ao dito Alvaro de Sobrado por todas devedas ata este presente día çento e seteenta e quatro mrs. branca en tres diñeiros, os quaes CLXXIIII .- se obrigou por sy et por seus beens de llos encheer en boon viño branco a dorna e se non ouver tanto viño branco que lle día rosete, do viño das suas viñas que labra enna dita aldea, a como valuer rega chaan, forro e quite de alcavala. Penna III .- etç. Obrigaçon forte e firme etç. Tests. Estevo Yanes, Afonso Yanes arrocheiro, Joan Louçaao, moradores en Seixalvo. ( fol. 5)