GMH/ÍNDICE A-Z

267

s/d

Roi Soutiño traspasa a Fernando, barbeiro, e á súa muller Costanza Anes unha casa con corte, pardieiro e terreo con árbores en San Martiño de Mugares, polo que pagarán tezia de trigo e centeo de foro ao mosteiro de Melón. (fols. 86v-87)

Carta de Fernando barbeiro.

Sabean quantos esta carta de traspasaçon viren como eu, Roy Soutiño, vesiño et morador enna çidade d’Ourense, dou et traspaso en vos, Fernan barbeiro que sondes presente et en vosa moller Costança Anes que sondes presente et en vosas voses, porlo tenpo e voses que o eu teño, conben a saber que traspaso en vos huna casa con huna corte e con huun pardeiro e con hun tarreo con suas arvores e olmos que en el estan, que jasen enna freigesía de San Martiño de Mugares, segundo que os tragía a jur et a maao Joan Martines padre da dita Costança Yanes, a qual traspaso en vos por lo tenpo e voses que o eu teño, por tal condiçon que reparedes as caas et apostedes o dito tarreo e o manteñades en boon revor en tal maneira como non desfalesca etç. et pagedes por el de foro en cada huun anno ao mosteiro de Mellon quatro mrs. de dños. brancos por cada día de San Martiño et façades do dito tarreo foro de terça ao dito mosteiro de Mellon do pan et triigo que deus en el der, et do al traspasoo en vos de desemo a deus etç. et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz e auçon que eu ajo e teño enno dito tarreo e casa e corte e todo o tiro et remo e parto de min e de todas miñas voses e o dou e traspaso en vos, o dito Fernando barbeiro e enna dita vosa moller et por esta presente carta vos poño enna posison ( fol. 86v)
etç. e obrigo os beens do dito mosteiro etç. et eu o dito Fernando barbeiro obrigo meus beens etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Alvaro carniçeiro, Martin Calvo et Afonso Gonçalves çapateiro.