GMH/ÍNDICE A-Z

73

1418, marzo, 23.
Diego López de Toledo, confesa ter recibido de Pedro Leiteiro, procurador do Concello, os 2.000 maravedís que lle sinalaran pola axuda e boas obras que fixera pola cidade.

Viinte et tres dias do mes de março. Sabean quantos esta carta viren como eu Diego Lopes de Toledo, outorgo et connosco que reçebi de vos Pero Leiteiro, procurador do conçello da çidade de Santiago dous mill moravedis, contando blanqua en tres dineiros, os quaes me pagastes en nome do dito conçello que mos mandou dar este anno da feita desta carta por ajudas et boas obras que de min reçeberon et dos quaes ditos dous mill maravedis me outorgo por entrego et ben pagado et renunçio a eixençon do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario et testemoyas et a toda outra eixençon que nunca delo diga o contrario et por que esto seja çerto, outorgey esta carta de pago por ante o notario publico et testemoyas infra scriptos. Feyta a carta enna dita çidade, anno, dia et mes susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Lopo Alvares de Leon et Afonso Dominges de Pontevedra, criados do dito Diego Lopes.