GMH/ÍNDICE A-Z

84

1321, marzo, 10. Vilamaior-Mondoñedo.
Testamento de Tareixa Pérez, dona de Fernando Amado, polo que lle mandou ó Cabido que celebre un aniversario de 12 soldos, gravando para iso o seu sobrado da rúa dos Ferreiros. Deixou mandas para o convento de San Francisco de Lugo.
A, perg., de forma irregular, de 375 x 174 mm. Letra gótica cursiva.

Era de mill et ccclª et noue annos x dias de março. Este he o testa/tamento que eu Theresyia Peres muller de Fernando Amado faço jaçendo en unna door agraueada pero de minnas mentes ben acordada. Mando minna alma a Deus de Çeio et a / santa Maria sua Madre et mando soterrar meu corpo na claustra de Vilamayor / et mando a esa iglesia de santa Maria por mina alma vn aniuersario de xii soldos / desta moeda del rey don Fernando cada anno pelo sobrado da rua dos Ferreiros que esta a par / do outro do cabidoo et da outra parte jas sobrado de Gonçaluo(?) Fernandes o qual sobrado me deu en / arras meu marido Fernando Amado con outorgamento de Maria Peres sua nana et por carta de / Johan Romeu notario. Iten mando ao capellan mayor x soldos et ao subcapellan vi soldos. Iten aos pe/uedros que esteueren a mina sepultura vi in dineiro et que me disseren esse dia sennas Missas / por minna alma. Iten aos clerigos dos en dineriro et aos moosinos sennos dineiros. Iten aas / contas das demandas sennos dineiros. Iten aas hermidas sennos soldos. Iten mando faser tres quintarios de / Missas por mina alma et por la de Garçia Iagrar meu marido que foy. Iten mando as / minnas toallas nouas deschaqual pera o altar de santa Maria por mina alma. Iten mando a / meu fillo Gonçaluo Garçia que houue de meu marido Garçia Iagrar a quarta parte de aquelas / cousas et herdamentos et casa que y ficar do meu des que meu testamento for conplido et / esta quarta parte lle mando de melloria sobre lo outro meu fillo que haio de Fernando Amado et / por entrega dos bees que me ficaron de sou padre Garçia Iagrar et por saluamento de / mina alma. Item mando x mor. por las de aqueles et aquelas a que errey et de que hoyue do / sou commo non deuia que os metan en Missas cantar que Deus perdoe a min et a eles et a elas. Iten mando / dar a Tereyia Aras de Luases xl soldos dua olla de manteyga que houue dela et se he morta que os den a sua / voz. Item mando ii mor. pola alma dum homme de que houue huos toalloes. Iten eu houue cen soldos por vnna carrega de ceuada que aqui ten mina hirmaa Maria Peres et quitollos et haia sena carrega de ceuada et mandolle vn meu / lenço nouo que no outro dia conprey et a mina saya de cada dia da valançina. Iten mando dar a meu padre Pedro Migueles un cerame de balboias de vi varas et xl soldos pera vnna pele. Item mando outro lençoo aa outra / mina hirmaa Eluira Peres et outro lençoo a Mayor Peres mina hirmaa. Iten a Marina a de Johan Nicolas vnna caueta / et vnnas facigees. Iten a san Francisco de Lugo vn dos meus façeyroos. Iten a Maria Rodrigues da Goaa vna / çinta de seda que eu haio ca foy sua. Iten a Diego Dias vn trauesseyro et vn dos meus façeyroos et / vn scano que se ante o leyto. Iten mando a meu marido Fernando Amado a meatade do dito sobrado que / me el deu en arras. Et por lo al que eu aio que se cunpla meu testamento et el que me non embargue / nenua cousa do al et mandolle vn trauesseyro et vnna colcha et lençoo. Et rogo et peço a Diego / Dias et a Domingo Martines clerigo de coro de Mendonnedo que seian conplidores de meu testamento. Et mando / a este Domingo Martines vnnas toallas cruas que eu aio que me faça ben pola alma. Et este Diego / Dias et Domingo Martines que cunplan et façan conplir meu testamento por los meus bees et sen sou dapno. Iten mando que Marina Peres que faça por faser et acabar lino que eu ia tenno fiado en que auia xl varas de /lenço et ela que fii vn poco que aynda he por fiar desque for testo que Diego Dias et Domingo Martines tomen / sennos pares de pannos de lyno et o mays seia para conplir meu testamento. Iten mando a Marina / mina hirmaa vnna fanega de millo. Et esto he o que eu tenno para conplir esto o dito fiado vnna coçedra / et duas colchas et dous façeyroos iten noue libras que mne deue Fernan Sanchoro por vnna coçedra nus(?) / ii dineiros iten vn cerame de vnde vnna saya de boineta vnna touca de seda et vn atado et as / haurelas(?) para ela duas arcas grandes et vnna hucha iten outra arca pequena que leixo a Fernando Amado. / Iten fica vn acetere et vnna caldeyra de coble et vnnas clamalleyras item vnna taça que ias en cas / Pedro [...16] iten vnnas cerçellas que iasen y en sua casa por xxv soldos iten dous coraros(?) et duas / cruses [...5] vnna blanca et vnna auelaa por xv soldos. Iten xvi botoes que ten Fernan Peres de / Meyra por v mor. Iten outros xvi botoes que ten Juana por vn fondelo de tomentos iten vnna / bolsa de sirgo et deschaqual. Iten tres torneses que ten o ourensan(?) Johan Pelaes iten dous leytos et outro / scano et outras presseas meudas. Et esto dou por meu testamento firme et valioso et por / mina ultima vontade et rogo a Domingo Fernandes notario publico de Vilamayor que o escriua et pona / y seu signal. Testemoyas que foron presentes quando a dita Thereyia Peres deu et outorgou este por sou tstamento / Diego Dias et Ruy Dias sou sobrino et Domingo Martines clerigo Pedro Lopez ferreiro Domingo de Faro / et Gomes Fernandes escudeiros de Diego Dias.
Et eu Domingo Fernandes notario publico jurado dado do bispo en / Vilamayor a todo esto presente fuy et a rogo et por mandado da dita / Thereia (sic) Peres este testamento fiz escriuir en mina presença et en el / subscriui por mina mao et y puge meu sinal en testemoyo de verdade (Signo).

(Reverso):
M. iii. n. 36. Testamento de Teresa Fernandes en que manda al Cabildo una heredad. Un aniuersario de doze soldos por lo sobrado da rua dos Ferreiros.