(...) viren commo eu
Gonçalvo Peres da Triidade coengo e
vigairo de dom Pero (...) seendo juntado o
cabidoo d’Ourense enna costra nova de Sam Martiño
per (...) de huso e de custume de faseren cabidoo, con
outorgamento do dito cabi(doo ...) a vos Martin
Gonçalves de Golffaris clerigo do coro d’Ourense
a casa de fondo (...) con seu seido, daquelas duas casas que
o arçidiago Veralt Affonso que deus perdone
(...) moran os alffagimes, que entesta con
a casa de çima que ten de nos afforada Pero
(...)fagime e sua moller Sancha Fernandes e en fondo
entesta ennas casas do cabidoo que ora ten de
nos Pero das Calças, et a tres voses apus vos
succesyve, a qua quaes casas nos o dito cabidoo
conpramos dos herees do dito arçidiago
Veralt Affonso,. Et douvola por tal condiçon
que a mantenades e lavredes e
reparedes ben de to(do o) que ouver
mester enno dito tenpo por vossa
custa. Salvo ende se caesse porlo fondamento asy commo
he custume do cabidoo e a ben vista de dous meesteyraes
ajuramentados sobre santos evangelios. Et
dedes ende cada anno dalugueiro a nos o dito
cabidoo por dia de Santa Ouffemea viinte libras
de brancos da moeda de nosso señor el rey don
Affonso que ora corre de que contan
tres soldos por quatro diñeiros.
Et outrossy que paguedes a aquel que
tever arrendado o nosso mes de mayo huun puçal
de viño de lagar de cada anno ao novo. Et se por
ventura vos enno dito tenpo quiserdes
vender ou enpeñorar a dita casa que a
vendades ou enpenoredes ante a nos o dito
cabidoo polo justo preço ca a outre. Et se por
ventura nos o dito cabidoo \non a quisermos/
conprar nen supenorar que enton seendo
nos ante frontados que a vendades ou
enpenoredes a atal perssoa que seia seme(...)
non seia cavalleiro nen escudeiro nen
omen dorden nen religiosa persoa (...) de
nihuun. Et se por ventura sobresto recleçer
contenda ontre nos e (... deter)mine por
dous omes boons do cabidoo tomados a prazer
das partes sen (... apel)açon. Et eu o
dito Martin Gonçalves obligo min e
todos meus beens eclesiasticos (e segl)ares asy
movilles commo reyses hu quer que
os eu ajo para pagar e para manteer (...)r e
reparar a dita casa enno dito tenpo de
todas as cousas que ouver mester (...) do
fondamento commo dito he e agardar todas
as cousas sobre ditas e cada huna (del)as. Et nos o
dito vigairo e cabidoo obrigamos os beens da
nossa mesa para vos anparar a dereito con a dita
casa. Et por que esto seia çerto e non
veña en dulta mandamos vos ende dar esta nossa carta
escripta en purgameo e seelada con nosso seelo
pendente. Feita a carta enno dito
cabidoo, sesta feyra, viinte e huun dia de março,
era de mill e trezentos e oyteenta e seis annos.
Et eu Ruy Peres coengo
teente (o) seelo do dito cabidoo a fige escrivir e a seeley
per mandado do dito vigayro et cabidoo (...) mes, dia et era et anno
sobreditos.