GMH/ÍNDICE A-Z

841
1381, setembro, 15. Lugo

Acta notarial na que o bispo de Lugo lles manifesta aos habitantes do devandito couto que só a el lle deben prestar vasalaxe, segundo se contén nas cartas dadas polos reis don Henrique e don Xoán.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 34r.

Era de mill et quatroçentos et des et nove annos, quinse dias do mes de setembre.

En Lugo enno curral dos paaços do onrrado sennor dor frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, estando y presentes a mayor parte dos omes moradores no couto de Lugo, os quaes foran para y chamados et enprasados elles et todos los outros moradores enno couto por mandado do dito sennor obispo para algunas cousas que eran serviço de noso sennor el rey, o dito sennor obispo mostroulles et feso leer por nos Johan Ares et Afonso Touron, notarios, huna carta de sentença que fora dada enna corte de noso sennor el rey don Enrrique, que Deus perdone, por los oydores da sua abdiençia contra os omes fijosdalgo de Mera et de Pallares que denegaran vasalagen a o dito sennor obispo et a sua iglesia, et outra carta de setença de noso sennor el rey don Johan, que Deus mantena, que foy dada enna sua corte por los oydores da sua abdiençia contra os omes fillosdalgo do couto de Lugo deste cabo a agoa que esso miissmo lle denegaran vasalage. Et mostradas et leydas o dito sennor obispo diso a os sobreditos, que estavan presentes, que se vasalos eran de alguuns outros sennores et non do dito sennor obispo, cuios vasalos eran et devian ser, que leyxasen logo aqueles cuios vasalos eran et non quisesen d’aqui adeante aver nen tomar outros sennores salvo a el et a sua iglesia et seus subsçesores, et se o asi faser non quisesen que protestava contra aqueles, que el soubese que o non comprian, todas las pennas conteudas ennas ditas sentenças et ennos privilegios porque elles foran dados por vasalos a a iglesia et desto que pedia testemoyo.

Testemoyas: don Johan Afonso, dayan; Ares Paradella; Rodrigo Yanes de Burela; Garçia Lopes; Pedro Ferrnandes, clerigo de Benade; Nuno Gonçalves, demandador; Lopo Afonso; Ares Afonso d’Aboyn; Johan de Villaçeleyro, et outros moytos. Et eu Johan Aras, notario publico de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto fuy presente con as ditas testemoyas et este testemoyo en minna presença fis escripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Afonso Touron, notario publico dado por la auctoridade do dito sennor obispo ennas suas abdiençias et couto et lugares de sua iglesia, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas et con o dito Johan Ares presente foy et a rogo do dito sennor obispo este testemoyo en mina presença fis scripvir et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.