GMH/ÍNDICE A-Z

264

maio, 27

Pedro de Temes, previa dimisión do zapateiro Pedro Anes, afora a unha voz ao tamén zapateiro Afonso González e á súa muller Inés Anes un pardieiro de chousa con auga por 16 mrs. (fols. 85v-86)

Afonso Gonçalves çapateiro. Feita e dada.

En este día Pero Yanes çapateiro demetio a Pero de Temees hun pardeiro de chousa o que del tiña aforado, que esta a par da atafona da Burgaa et o dito Pero de Temes diso que reçebia en sy. Tests. Gonçalvo Migees, Rodrigo Lourenço, Afonso Boleiro, Pero Migees de San Çibraao.
Et logo en este dito et ora et por estas tests. o dito Pero de Temees aforou o dito pardeyro de chousa \e con sua agoa/ Afonso Gonçalves çapateiro e a sua moller Eynes Yanes que non he presente, o qual lles aforou en vida de anbos et a dous a duas a huna voses apus morte delles anbos, o qual pardeiro e con sua orta \e agoa/ e pilo que en el esta lle aforou \en vida danbos e a huna voz despois deles/ por tal condiçon que o aposte et que lle pagedes por el de foro en cada huun anno des e seys mrs. vos e vosas voses ( fol. 85v)
a min e a miñas voses por cada día de natal et daredes mays de cada hun anno a capela do Cruçafiço quatro mrs. por lo dito día e do al de disemo a deus e se quiserdes vender etç. e obrigo meus beens etç. et eu, o dito Afonso Gonçalves, obrigou meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. os sobre ditos.