María Lourenza afóralles a Xoán Pérez e á súa muller e a unha voz
propiedades en Lourente, freguesía de Santa María de Saa, por tres
cuartas de pan e 30 soldos anuais.
Era de
mill et CCC et LXIIIIº, oyto dias de mayo. Sabeam quantos esta carta
viren commo dona Maria Lourença, filla que foy de Lourenço Peres
[et] de dona Maria Fernandes de Riba de Neyra, con outorgamento de
seu marido Aras Peres, el pressente et outorgante, por min et por
toda mina vos faço carta et a afforo a vos, Iohan Peres de Lourent,
et a vossa muller, Maria Iohanes, et a un amigo ou amiga qual nomear
o pustrimeyro de vos a seu passamento, todo quanto herdamento et vos
eu aio en Lourente, a monte et a fonte peru quer que vaa sub signo de
Santa Maria de Saa, a a tal pleito que o lavredes et paredes ben et
me diades ende cada anno enno mes d’agosto tres quartas de pan en
esta gyssa: os dous quartos de ceveyra et un quarto de çevada, pela
tega dereyta, do mellor pan que ouver enna herdade salvo a semente,
et por todo-llas outras coussas que y ouver dardes-me cada anno
trinta soldos da moneda branca del rey don Fernando ou a contia
delles por Sant Martino, et se veer grando ou geada que se estyme a
mandado de dous omes boos, un da vossa parte et outro da mia; et as
pessoas que veeren de pus vos seeran meus vassallos serventes et
ovidentes connas mias deyturas, et daran a seu pasamento cada unna
dellas quando acaeçer, por loytossa, çinco soldos da boa moneda ou
a contia della, et eu anparareios a dereyto con este foro. Et a morte
do pustrimeyro amigo que fique mia herdade livre et quita con todos
boos paramentos que y foren feytos a min ou a quen veer en mia voç.
Et a parte que contra esta carta quisser pasar et assy non comprir
peyte a outra parte Lª maravedis da moneda branca de rey don
Fernando et a carta seia firme et valedeyra.
Testemoyas
que presentes \foron/: Rodrigo Gomes de Boox et Iacome Eanes omes de
[...] Peres [...] morador en Lor, Pedro Fernandes de Castro morador
[...] et Fernan Peres de Lourente.
Et
eu Pedro Elias a rogo das partes sobreditas esta carta escrivi
partida por a.b.c., por mandado de Diego Martines, notario publico
del rey en [...]. Eu Diego Martines, notario sobredito, en esta carta
que o dito Pedro Elias escrivio por meu mandado puge este meu signo
que tal es en testimonio de verdade (+).