GMH/ÍNDICE A-Z

887
1391, marzo, 4
Partilla realizada por dona Sancha, muller de Afonso López de Saavedra.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 137x136 mm.

Esta he a partilla que feso dona Sancha, muller que foy d’Afonso Lopes de Saavedra, con os fillos et fillas que del ha das herdades que anbos avyan por paso de vinte annos d’oje este dia que esta carta e feyta. Conven a saber que fica a a dita dona Sancha en sua partilla as herdades de Froyan que lavra Gonçalvo Gavella, et has de Saa, et o casal de Cospeyto, et o de Sisoe con a herdade de Villar, et o casal do Campo que lavra Fernando Lopes, et has herdades de Saa et de Goldar, et fica a os sobreditos has herdades de Villaseca, et o casal de Bretona et as herdades de Castro de Rey con a mea parte do moyno et o casal do Campo de Saavedra, que lavra Pero de Castro, et as herdades de que dona sa comprou. Et Rodrigo Afonso et Pero Fernandes, seus fillos, presentes asy outorgaron a dita partilla. Item que vaan cada huun \sua/ parte das outras que fican por partir. Feyta quatro dias de março, era do naçemento de Ihesu Christo de mill et tresentos et noveenta et hun annos.

Testemoyas: Alvaro Gonçalves, fillo de Gonçalvo Meendes; Affonso, clerigo de Filmyr; Fernando Gil; Lopo Gonçalves de Gremar, et outros et outros (sic).

Et eu Afonso Dias, notario publico de terra de Saavedra, con as testemoyas a esto foy presente et esta carta escrivi et fige aqui este signal. (+).