GMH/ÍNDICE A-Z

F-A1
1497, agosto, 15

Beatriz Enríquez, muller do escudeiro Paio Soutelo, afora a catro voces e vinte e nove anos a Rodrigo de Sanguñedo o lugar de Sanguñedo e os dous terzos doutro, coa condición de reparar as casas, por quinta, un touciño por Nadal, un carneiro por San Xoán, 6 mrs. por dereitura e tres visitas en senllas festas do ano. (fols. 1-2v)

Sepan quantos esta carta de aforamento viren como eu Viatris Enriques, muller que soon de Payo Soutelo escudeiro meu marido, vesiños e moradores que soomos enla aldea de Feyjoo, que anbos estamos presentes, con liçençia e abtoridad que o dito meu marido para fazer o adiante en esta carta (sera)* conthenido /lle pido e demando e el asy\ me da e outorga (e eu para ello asi lle pido e demando)*, aforo a vos Rodrigo de Sangunedo que estades presente e a vosa muller Oufemia de Vilanova que hes absente ven como se fose presente, en vosas vidas de anvos et dous e despois do pasamento de vos de quatro vozes e mais vinte e nove anos despois de pasadas las ditas vozes, asy que o postrimeyro de vos en sua vida e soude / ou ao tenpo de voso pasamento\ nomiedes a primeyra voz e esa primeyra nomee a segunda e a segunda /nomee\ a terçeyra e asy vaan nomiadas as ditas vozes una en pus de outra por horden subçesibe fasta seren conpridas e acabadas as ditas quatro vozes e os ditos vinte e nove anos, e non sendo nomiadas que enton seja voz aquel /ou aquela\ que de dereito ouver de herdar os outros vosos bees. Conven a saber que vos aforo o meu lugar de Sangunedo, que e meu (fol. 1)
propio de dezimo a deus (o qual jaz en ...)* vos o tragedes a jur e a maao. Yten vos a(...)mos las duas terças partes do meu lugar que (...)ge Pero de Sangunedo, o qual todo jaz en (...) freyguesia de San Martiño de Vetan. Afo(...) vos lo(s)* dito(s)* lugar(es)* /e las ditas duas terças partes de lugar\ con todas las /sus\ casas, cortynas, arbores e herdades, prados e sou(...) a montes e a fontes e con todos los saydos (...) pertenesçentes e pertenesçer deventes, a cond(...) que cubra-des e corregades e tenades cubertas e corregudas de pedra e madeira e colmo as casas dos ditos lugares, e labredes e reparedes esterquedes las herdades deles de maneira que non desfalescan por mingoa de labores e de boons reparos e los mora-redes por vos mismo e daredes de foro en cada un anno a min e a meus herdeyros que despoys de min foren a quinta parte de todo o çenteo e trigo e millo e orjo e fabas e erbellas que deus der enlos ditos lugares mays un boo touçino por dia de Natal do mez de dezembro en cada un anno (e que sy poser)* e un boo carneiro por /cada\ dia de San Joan do mes de julyo e por dereitura tres mrs. vellos conel touçino e outros tres conel carneyro e me byredes a ver con do que teberdes por ben tres festas do anno, e que sy poserdes caseyro con vos enlos ditos lugares que tan ven pague /un\ touçino por /lo dito\ dia de Natal e un carneiro por (san)* lo dito dia de San Joan do mes de julio, e do al que o ajades /todo\ libre (fol. 1v)
(...)ite de todo outro foro, çenso, trebuto e encargo algun, pagando o dizimo a deus, e seredes vos e vosas vozes serbentes e obedientes e mandados con o dito foro a min e a meus herdeyros, e he posta condiçion que sy vos ou vosas vozes quiseerdes vender, deytar, supynorar, aforar o traspasar los ditos lugares ou alguna parte deles que primeyramente frontedes con elo a min e a meus herdeiros e nos lo diedes porlo justo preçio que vos outro por elo der querendoo, e nonlo querendo que enton de meu consyntimento o posades faser a persona (llana)* que seja labrador llano e abonado semellave de vos tal que labre e repare o dito lugar e pague el dito foro e (con)* cunpla e aguarde todas las otras posturas e condiçios enel dito foro contenidas e asy non faredes por eles manda nin aniversario, foro nin sobre foro a ninguna yglesia nin nin monesterio nin santuario alguun nin a outra persona poderosa, e o contrario de cada una destas ditas cousas fazendo que descayades deste dito foro e o pergades e eu e meus herdeiros o posamos entrar, tomar e reçeber e faser delo /e en elo\ nosas bontades syn enbargo desto, e obligo vos todos meus bees mobeles e rayzes avidos e por aver para vos lo fazer sao e de paz e para vos defender con este dito foro a dereito de qual quera persona que vos lo quiseer demandar. (fol. 2)
E eu o dito (- - -)* /Rodrigo de Sangunedo\ que soo presente, por min e por (...) miña muller e vozes asy o reçebo de vos af(...) o dito lugar con todas las condiçios en este d(...) foro contenidas e obligo a min e a meus beens mobeles rayzes avidos e por aver de labrar e reparar o dito lugar e /las ditas duas terças partes\ e las heredades deles e pagar todas las outras posturas e condiçios en esta dita carta contenidas. E qual quer de nos las ditas partes que contra esto for ou pasar e o asy non conplir e aguardar que peyte e pague de pena aa parte aguardante mill mrs. vellos e a dita pena paga ou non paga esta dita carta de aforamento e as cousas en ela contenidas fiquen firmes e vallan durante o dito tenpo e vozes. Que foy feyta e outorgada enla aldea de Codesedo, que hes señorio del comendador da Barra, a quinze dias do mes de agosto, anno del nasçemento de nostro señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e noventa e sete annos. Tests. que a elo foron presentes e para esto chamados e rogados (p)* por los sobre ditos, Gonçalvo Rodrigues abade de Alvarellos e Gonçalvo Rodrigues o moço clerigos e Men de Cortegada e Alvaro do Mosteyro, vesyños e moradores enno dito lugar de Codesedo e otros. (fol. 2v)