GMH/ÍNDICE A-Z

1131
1459, maio, 26 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Tereixa García e a dúas voces unha casa na rúa lucense da Triparía por renda anual de certa contía de marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 19 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o dayan et cabidoo da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores damos aforo et avervo a vos Tereyia Garçia de Maçeeda, muller de Juan de Parga, barbeyro, et a duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamiento et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non sendo nomeada que seia aquela persona que erdar vosos beens et asi das outras personas, huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, et he sita en esta çiudade de Lugo en a rua da Triparia, sub o signo da Capela de Santiago, et ias en par cabo de outra casa de Alvaro Lopes, fillo de Afonso Lopes da Ferraria, et da outra parte cabo d’outra casa de Pedro Afonso de Robra, correeyro, et topa en a rua publica da dita çiudade; a qual vos damos et aforamos avervo et foro con suas entradas et seydas et agoas vertentes et jures et pertenenças, segundo que ela perteeçe et perteeçer deve a os ditos aniversarios et a nos por elles, a a tal pleito et condiçion que vos, a dita Tereyia Garçia, reparedes a dita casa et a ponades en boo paramento a o modo que ela esta feyta en un ano primeyro et a tenades cuberta et reparada, segundo dito he, vos et as ditas personas que suçederen en o dito foro depoys de vos; et dedes della de foro vos et as ditas personas depoys de vos en cada un ano [...] maravedis de longos a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios por dia de San Martino de novembre, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, en a moneda que se pagaren as outras rendas dos ditos aniversarios; et con condiçon que cada huna das ditas personas, que depoys de vos suçederen en o dito foro da dita casa, seia tiuda et obligada de viir mostrar seer foreyra del do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias primeyros segentes, sub pena que se o asi non feser que por esse mesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro da dita casa, que fique libre et dessenbargada a dita casa a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, a dita Tereyia Garçia, que presente soo asi reçebo o dito foro da dita cassa de vos, o dito cabidoo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas et obligo a min et a meus (sic) et das ditas personas, que suçederen en o dito foro, de teer, conprir et pagar todo ho susodito segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en un thenor por lo notario iuso escripto huna para vos, a dita Tereyia Garçia, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seellar a carta de vos, a dita Tereyia Garçia, con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia lunes, viinte et seys dias do mes de mayo, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et nove anos.

Testigos que foron presentes: don Juan Afonso de Melgosa, deyan; Afonso Martines de Galdo, chantre; Roy Lopes d’Aguiar, arçediano de Neyra, Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea; Lopo Dias, mestrescolla; Gonçalvo de Parga, tesoreyro; Pedro Ferrnandes de Çela, Juan Martines, Juan Vidal, Diego Vasques et Lopo Garçia, coengos da dita iglesia, capitulantes.