GMH/ÍNDICE A-Z

1170
1466, marzo, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Nuno Fernández, á súa muller e a dúas voces unha cortiña no Guimareu, freguesía de San Pedro, por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 32 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntos en noso cabilldo dentro en a dita iglesia açerca da porta dos orgos per son de canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, veendo et entendendo que esto he noso proveyto et de nosos susçesores, aforamos et damos en foro a vos Nuno Ferrnandes de Berbetouros et a vosa muller, Beatris Lopes, et a outras duas personas depoys da postrimeyra de bos, huna qual o postrimeyro de bos nomear en sua vida ou a o tempo de sua morte, et non seendo nomeada que seia quen herdar seus beens de dereyto, et a postrimeyra persona que seia quen nomear aquela persona que por la postrimeyra de vos for nomeada, ou herdeira de seus beens, como dito he. Conben a saber que vos aforamos, segundo dito he, huna nosa cortyna que Ares Peres do Cabalo, porteyro que foy desta dita iglesia, deu a nos et a a dita iglesia para senpre, a qual ias en esta çiudade quando ban da Porta Minaa para a Porta Noba por la congosta de Guimareu a a parte et da maao dereyta, et partese de per meo con outra cortyna que ora traje Eynes Afonso, muller que foy de Vasco Marques da huna parte, et da outra parte levades vos outra tamana herdade como esta que ouvestes de Lionor Garçia, muller que foy do dito Ares Peres do Cabalo, como toda esta çerrada de parede et topa en a dita congosta a dita çerradura, sub o signo da Capela de San Pedro, a tal pleyto et condiçon que vos et a dita vosa muller et personas labredes et paredes ben a dita cortyna en tal maneyra que se non perga con mingoa de laborio et boo paramento; et dedes vos et a dita vosa muller et personas duas depoys de bos de foro a nos et a nosos suçessores et a o colledor et recadador dos aniversarios da dita iglesia, de cada ano, oyto maravedis vellos de longos por dia de San Martino de nobenbro en esta dita çiudade en pas et en salvo; et que a finamento da postrimeyra persona a dita cortyna fique senpre libre et quita et desenbargada a a dita iglesia et cabilldo dela con todos los boos paramentos que en ela foren feytos, et que cada huna das ditas duas personas seia tiuda do dia que en o dito foro suçeder fasta trinta dias primeyros segentes de se viir mostrar como he foreyro do dito foro, su pena de o perder se o asi non feser.

Et eu, o dito Nuno Ferrnandes de Belvetouros, por min et por la dita mina muller et duas personas, asi reçebo de bos, os ditos senores do cabilldo, a dita cortyna en o dito foro et obligo a min et a meus beens, mobeles et rayses, avidos et por aver, et das ditas duas personas de o teermos et comprirmos et atendermos et gardarmos en todo et por todo.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos et rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que vos de et faga delo huna carta de foro en a forma susodita, seelada con noso seelo et signada de seu signo, et lançe outra en o libro do dito cabilldo.

Que foy feyta et outorgada en o dito lugar de cabilldo, viinte et oyto dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et seys anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonzalo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Gomes Vasques et Juan Ares, Diego Ferrnandes, Diego Vasques et Juan Ares de Parga, canonigos et capitulantes.

Et eu Pedro Meendez de Foriis, canonigo da dita iglesia de Lugo, notario publico por las auctoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos senores de cabilldo presente foy et esta carta de foro en este libro do dito cabilldo per mina maao escripvi et en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.