GMH/ÍNDICE A-Z

175

abril, 3

Leonor García afora a oito voces a Rodrigo Afonso e á súa muller Inés González unha leira de viña cerca da Ponte Pedriña, por quinta. (fol. 56v)

Feita e dada. Carta de rodrigo Afonso; pagadas XXII brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como, eu Lyonor Eynes Garçia, vesiña e moradeira enna çidade d’Ourense et \filla herdeira de Garçia Peres d’Ourense/ dou et outorgo aforo a vos Rodrigo Afonso que sondes presente et a vosa moller Eynes Gonçalves que anbos a dous sondes presentes et a oyto voses apus morte do pustromeiro de vos anbos, asy que vos en vosa vida ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz etç. Conben a saber que vos aforo huna leyra de viña que he miña de disemo a deus, que jaz açerca da Ponte Pedrina et parte de huna das partes con viña de Rodrigo Vasques et da outra parte con outro piteiro de de viño de Loys Gonçalves et en baixo fere en et con viña de Pero de Rocas et en fondo fere en viña \orta/ de Afonso Castellaao que lle eu a dita Lyonor Garçia teño aforada et en çima fere enno camiño que vay para ponte d’Ourense. Aforo vos a dita leyra de viña con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a chantedes toda de viña e a labredes e paredes ben e façades \dela/ foro de quinta vos e vosas voses a min et a miña voses de todo o viño et conposta que deus en ela der, a conposta enna viña e o viño branco enno lagar, a qual novidade colleredes por meu mayordomo etç. e do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender etç. e obrigo meus beens etç. et nos os ditos Rodrigo Afonso et Eynes Gonçalves que anbos somos presentes asy o outorgamos e reçebemos en nos aforada a dita leyra de viña de vos a dita Eynes Lyonor Garçia etç. e de faser o dito foro de quinta etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Rodrigo oulives et Rodrigo Serodio et Joan de Vylardamos alfayate vesiños d’Ourense. Feita tres dias de abril. ( fol. 56v)