GMH/ÍNDICE A-Z

35

s/d

Gonzalo Gago e a súa muller Aldara Fernández, moradores na freguesía de San Pedro de Cudeiro, noméanse mutuamente copropietarios dos bens de cada un, de maneira que as dúas fillas que ela xa ten poidan herdar en igualdade de condicións que os fillos que ambos teñan despois. (fol. 10-10v)

Sabean quantos esta carta viren como eu, Gonçalvo Gago, morador enna freigesia de San Pero de Codeiro, et eu Aldara Fernandes, moller do dito Gonçalvo Gago, anbos a dous presentes e outorgantes, por rason que anbos a dous somos casados et eu reçeby a vos por marido e vos a min por moller et por tal de anbos a dous faseremos serviço a deus e viviremos boa vida et o que for de hun que seja do outro, por ende eu o dito Gonçalvo Gago reçebo e tomo e collo a vos a dita Aldara Fernandes en todos meus beens, asy de como como de disemo a deus, en qual quer parte que os eu teña et aja ata este presente dia, et eu a dita Aldara Fernandes, moller de vos o dito Gonçalvo Gago, eso meesmo todo et reçebo a vos o dito Gonçalvo Gago meu marido en todos meus beens, asy de foro como de disemo a deus, en qual quer parte que os eu aja, en tal maneira que anbos a dous pesuyamos e erdemos e ajamos todoslos ditos beens, asy os do hun como os do outro et sejan nosos e aja parte e quinon hun como ho outro e nosos e todas nosas voses e ajamos todos los ditos beens de por medeo, ben e asy e atan conpridamente como se todos los ditos beens asy os de huun como os do outro os gaanasemos anbos de por meo por tal condiçon que os dous fillos as duas fillas que eu agora a dita Fernandes Aldara Fernandes teño, que herden ennos ditos beens con os outros fillos que nos anbos ouveremos, atan conpridamente asy os beens de hun como do outro, como se fosen nosos fillos, e os posan herdar con os outros fillos que nos ouveremos, et morrendo cada huun de nos os ditos Gonçalvo Gago e Aldara Fernandes, que fiquen os ditos beens enno outro que ficar et ennos ditos nosos fillos se os ouveremos e ennas ditas duas fillas de min a dita Aldara Fernandes que eu agora teño, et ajamos os ditos beens por lo tenpo et ( fol. 10)
et voses que os temos e con as pensoons que os ditos beens an, e logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz e auçon que nos avemos ennos ditos beens, todo o poemos en nos meesmos et en cada huun de nos para que ajamos os ditos beens para senpre, asy os do hun como os do outro segundo dito he et por esta presente carta nos poemos enna posison et prometemos que nonca delo digamos o contrario etç. so penna de dosentos frolliins douro se contra elo pasaremos e a penna pagada ou non que esta carta seja firme et nos ajamos os ditos beens segundo dito he etç. et sobre esto renunçiamos a todas las leys et dereitos etç. e prometemos se neçesario for de ganaremos os ditos beens de os senorios e os aforaremos de por medeo e de coller hun ao outro ennos ditos foros segundo que dito he etç. Tests. Diego de Codeiro et Pero Lopes et Gomes de Bobeda escudeiros, Joan d’Encontro, Vasco Rodrigues clerigo.