GMH/ÍNDICE A-Z

A19
1379(, decembro)
Fernando González, comendador da Barra, afora a unha voz a Fernando Iáñez de Frixende o casal da Fonte, pertencente á Orde de Santiago en Terra de Caldelas, pagando á dita orde doce mrs. en vida e dezaseis a voz. (fol. 13v)
Era e dia e mes sobre ditos. Sabeam quantos esta carta viren que eu Fernando Gonçalves comendador da Bara dou a foro a vos Fernando Anes de Frigende e a vosa moller Catalyña Domingues que non he presente e a hun filo /ou fila\ que anbos ajades, e non avendo filo ou fila que seia vos o que herdar os vosos beens de dereyto, o casal que orden de Samtyago a em terra de Caldellas en lugar que chaman Castro, que disen o casal da Fonte, que jaz su syno de Sam Vycenço de Paradela, o qual cassar agora tem a jur e a maao por a ordem Afonso Afonso Anes (de Cast)* da Fonte. Aforo vos o dito lugar por tal pleito e condiçon que o lavredes e paredes bem e que o moredes por vos ou por outro e que dedes ende de cada anno aa ordem em vosa vyda XII mrs. et depoy de vosa morte as outras peso-as que veren apus vos que dem dez e seys mrs. Aforo vos o dito lugar a monte e a fonte con todos seus dereytos e jures e perteenças hu quer que van e obrigo os beens da dita comenda para vos anparar e defender senpre a dereyto con esto que vos aforo etç. (fol. 13v)