GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

910
1412, agosto, 26. Lugo
O bispo de Lugo dicta sentencia favorable ó Cabido sobre a propiedade dunhas casas que traía Lopo López de Aguiar.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, f. 22 r.

CAÑIZARES: p. 1132, referido ó Lib. F, f. 22.

Nos don frey Juan Enrriques mestre en santa theolosia por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, vista huna petiçon et querela por Meestre Juan, barbeyro, procurador do cabidoo da iglesia de Lugo, que nos deu de Lopo Lopes de Aguiar, disendo que o dito Lopo Lopes que lles tina huna casa [...] con suas moradas et orta, et que llas tina por força et contra sua voontade non mostrando o foro dellas nen outra rason dereyta porque as devese de teer nen enbargar, et nen outro por el. Et nos por aguardar o dereyto do dito Lopo Lopes asignamoslle os terminos de dereyto a que mostrase foro, ou outros dereitos, que ouvese en as ditas casas, et visto en como a os terminos et prasos por nos asignados o dito Lopo Lopes non monstrou foro nen outro dereyto algun que ouvese en as ditas casas, nen o alegou, nen rason dereita porque as ouvese de teer, por ende mandamos a o dito Lopo Lopes et a outro qualquer que as tena en nome do dito Lopo Lopes que as leyxe et desenbargue a o dito cabidoo da iglesia de Lugo et a o dito Meestre Juan, seu procurador, et esto por nosa sentença definitiva ho pronunçiamos asy.

Foy dada esta dita sentença por lo dito senor Obispo en a çiudade de Lugo en os seus paçeos de morada en presença de min notario et testemoyas juso scriptas, esta feyra viinte et seys dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dose anos.

A qual foy dada en presença et a petiçon do dito Meestre Juan, procurador do dito cabidoo, et estando tanben presente o dito Lopo Lopes de Aguiar. A qual dada o dito Meestre Juan en nome do dito cabidoo et conmo seu procurador pedeu della carta de sentença et consenteu en ella. Et o dito senor Obispo asy lla mandou dar a min o dito notario, et demays o dito senor Obispo diso que apoderava et poyna en o jur et possisson das ditas casas et torre con suas ortas et entradas et seydas a o dito cabidoo, et a o dito Meestre Juan, seu procurador, en nome del.

Testemoyas que foron presentes: Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo; et Juan Alvares, bachiller; et Gonçalvo Peres, meestrescolla; et Pedro Fernandes de Tendilla, omes et familiares do dito senor Obispo; et Gonçalvo Meendes, mercador, morador en o Canpo de Lugo, et Diego Meendes, seu yrmao, notario de Lugo, et outros.